Solapas principales

A programación cultural do mes de setembro estréase este venres con Semente

Jueves, 16 de septiembre de 2021

O Concello de Ames retoma a programación cultural este venres 17 de setembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Será con “Semente, o home que plantaba árbores”, unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor. A obra está dirixida a un público familiar. Para asistir pódense mercar as entradas na billeteira

Os maiores de 7 anos teñen unha cita este venres 17 de setembro co teatro e coa vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente para facer do lugar en que vive un sitio especial.

“Semente, o home que plantaba árbores” amosa coma un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e empregando unicamente os seus propios medios consegue reforestar el só unhas das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

O espectáculo producido por Eme2, está baseado no libro de Jean Giono “El hombre que plantaba árboles”. Son 55 minutos de teatro contemporáneo dirixido a un público familiar.
As entradas xa están á venda na billeteira do Concello de Ames.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Comezan as actuacións ca Rede Galega de Teatros"

“Semente, o home que plantaba árbores”

Multimedia

  • “Semente, o home que plantaba árbores”
  • “Semente, o home que plantaba árbores”