Solapas principales

Realízanse obras e investimentos por 13 millóns euros entre 2019 e 2023

Lunes, 03 de abril de 2023

O Goberno municipal fai balance das obras e investimentos realizados entre os anos 2019 e 2023. Destaca a execución de 58 obras de mellora de camiños de acceso e interiores en diferentes núcleos das parroquias amesás. A maior parte destas obras foron financiadas con cargo ao plan de obras da Deputación da Coruña. Ademais, realizáronse obras de saneamento e de mellora da accesibilidade. Tamén se fixeron obras en instalacións deportivas, parques infantís, obras de mellora da seguridade peonil e carrís bicis co obxectivo de mellorar a mobilidade. Tamén se realizaron investimentos para a adquisición de diferentes locais municipais. Algunhas das actuacións foron sufragadas con fondos europeos a través da EDUSI Impulsa Ames. O investimento realizado ascende a 12.983.730 euros. Premendo nesta ligazón podes consultar un mapa no que se detallan as actuacións executadas.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, destaca “o esforzo inversor do Concello durante o actual mandato, no que a pesar das limitacións de persoal existentes nos departamentos municipais, fíxose un gran traballo para acadar estas cotas; o que redunda, sen dúbida, nunha mellora das infraestruturas e servizos que se ofrecen ás veciñas e veciños de Ames”. Ademais, lembrou que dito investimento realizouse “tendo en conta que os anos 2020 e 2021 foron anos excepcionais pola Covid-19, que supuxo un atraso e demoras na execución das obras motivados pola falla de subministros e mesmo de persoal. A isto hai que sumarlle tamén os atrancos provocados pola guerra de Ucraína e pola inflación que provocaron un forte incremento dos prezos dos materiais”.   

Nas parroquias destaca a execución de 58 obras de mellora de camiños de acceso e interiores en diferentes núcleos das parroquias amesás. A maior parte destas obras foron financiadas con cargo ao plan de obras da Deputación da Coruña. Na parroquia de Ames acometeuse a pavimentación de viarios no núcleo de Outeiro, mellora do acceso a Carreira e viarios no núcleo de Pedras, mellora da estrada de Castelo a Vilar, obra de saneamento en Castelo, mellora de interiores en Seares de Arriba, e pavimentación de interiores en Pedras. Nestas actuacións investíronse 502.099 euros.

En Agron executouse a mellora do camiño de acceso a Sandar por 44.036,62 euros, mentres que en Covas realizáronse actuacións por valor de 153.638,43 euros, que foron a pavimentación de accesos en Ventosa, a mellora dunha vista a través do plan Agader, a creación do Bosque do Peregrino en Ventosa e mailo parque infantil da urbanización de Ventosa. Na parroquia da Ameixenda executáronse a pavimentación da estrada de O Mercuto a Folgueira, a pavimentación do acceso a Sura, a mellora da estrada de Mercuto a Vila, a mellora do viario de Montemaior a Cortegada, e o acondicionamento da estrada de Vilar a Quintáns. Na Ameixenda investíronse 330.370 euros.

Na parroquia de Biduído executouse a mellora do camiño de Quistiláns a Costoia, pavimentación dos accesos en Costoia, mellora dun viario interior en Biduído, pavimentación dos viarios no núcleo de Raíces, mellora dos interiores en Paramuíño, pavimentación de interiores e accesos a Ventín, mellora dos viarios de accesos e dos interiores ao parque empresarial do Milladoiro dende a estrada Ventín – Coira, o arranxo da Ponte Cabirta, a mellora do local de ensaios A Factoría, e creación da carballeira dos Tragos. En ditas actuacións investíronse 631.589 euros.

En Bugallido fíxose un investimento de 915.230,20 euros para a mellora do camiño de Quistiláns ao cemiterio e viarios interiores, mellora do camiño de Firmistáns ata a estrada de Tarrrío, pavimentación da estrada da Deputación - Framán – Eirapedriña, pavimentación do camiño de Tarrío – Raíces, senda peonil de Outeiro a Costoia, obra de saneamento e abastecemento en Guimaráns e Buceleiras, mellora e acceso ao Instrumento, mellora dos accesos a Tarrío e a pavimentación da estrada de Eirapedriña.

En Ortoño realizouse a pavimentación do acceso ao cemiterio municipal, a pavimentación dos viarios do núcleo do Pedregal, pavimentación do viario do Casaliño, a mellora do camiño da Condomiña ata a depuradora de Sisalde e outros, a construción e maila dotación de iluminación da senda peonil de Sisalde a Agro do Muíño, a mellora de interiores en Ortoniño e As Cortes, a rede de pluviais en Cantalarrana ata o límite co concello de Brión, a construción dunha senda peonil en Lapido, o arranxo de interiores en Punxeiras, o arranxo e pintado das rúas da urbanización de Aldea Nova e a construción de dúas pistas de tenis en Aldea Novas. En ditas actuacións investíronse 1.167.956 euros.

Na parroquia de Piñeiro executouse a mellora do camiño de Troitosende a capela Madalena e maila mellora dos interiores do núcleo de Rúa por 241.728 euros. Na parroquia de Tapia investíronse 210.190 euros na mellora de vestiarios e do muíño da praia fluvial, na pavimentación de interiores en Vilouta e na mellora do camiño a Insua.

Na parroquia de Trasmonte executáronse os proxectos de acceso de Leboráns a Calo, saneamento no núcleo de Susavila de Carballo, saneamento en Suevos e Sorribas, mellora do camiño de Portanxil a Carballo, camiño Suevos a Miso, acceso ao Portanxil e mellora de acceso a Trasmonte. Nestas actuacións investíronse 438.536 euros.

Núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro
En Bertamiráns investíronse 4.462.433 euros nos seguintes proxectos: améndoa central de Bertamiráns, mellora de seguridade viaria no CEIP e IES de Bertamiráns, mellora da accesibilidade no Pazo da Peregrina, mellora das beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo, rexeneración do céspede artificial do campo de fútbol municipal de Bertamiráns, eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade,  vestiarios do pavillón, construción dun anfiteatro para a mocidade, instalación e cubrición da área de xogos do parque infantil da praza de Chavián, mellora das rúas Fragua e Xunqueira, mellora do firme da avenida da Maía, construción do novo comedor escolar do CEIP da Maía, rehabilitación da área deportiva de Bertamiráns, mellora da rede de pluviais na travesía de Fontaldeiro e rúa da Agra; acondicionamento do local municipal da praza do Concello, acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque, reforma de vestiarios campo de fútbol Bertamiráns, reurbanización de Horta de Abaixo, mellora da iluminación das luminarias de Bertamiráns, reparación e mellora na Casa da Cultura, central de lavado dos comedores escolares, e carreiro escolar ata o CEIP da Maia e IES de Bertamiráns.

No Milladoiro fíxose un investimento de 2.451.392 euros para a mellora da accesibilidade do pavillón polideportivo, cubrición do parque infantil de Agro da Vella, vestiarios baixo gardas cubertas no campo e fútbol do Milladoiro, acondicionamento do parque verde central, mellora da accesibilidade no recorrido de conexión rúa do Rego a Travesía do Porto, obras de acondicionamento para a mellora de espazos verdes con acceso rodado no polígono de Novo Milladoiro, percorridos ambientais, construción do centro multifuncional do Milladoiro, creación dun carreiro escolar ata o CEP de Ventín, eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade no Milladoiro, apertura de accesos para o centro de saúde do Milladoiro, e creación dunha pista de pádel e outra de skate.

Outras importantes actuacións
Por outra banda, realizáronse outra importantes actuacións como foron: adaptación á normativa en vigor de seis parques infantís (24.240,83 euros); subministro de luminarias para os Orzamentos Participartivos de 2018 (26.741 euros); mellora da seguridade viaria rural dos Orzamentos Participativos 2020 (118.222,52 euros); arranxo de pistas polideportivas exteriores (48.350,23 euros); melloras na depuradora de Sisalde (400.000 euros); melloras no parque infantil do Ameneiral (43.000 euros); creación dunha pista de pumptrack en Bertamiráns (48.000 euros); compra de mobiliario para a Casa dos Maiores de Bertamiráns (7.243,91 euros).

Por último, o Concello adquiriu tres locais: un no Milladoiro para o espazo coworking A Proa (364.879 euros), un local para oficinas municipais en Bertamiráns (210.000 euros) e mailo local de Aldea Nova onde está situada a Escola Municipal de Música (291.291 euros).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames hace balance de obras: 13 millones invertidos desde el 2019"

AMS GO!: "As obras en Ames dende 2019 acadaron os 13 millóns de euros en investimentos"

Enfoques: "Ames finaliza el mandato con trece millones de euros en inversiones"

Obras de construción do centro multifuncional do Milladoiro

Multimedia

  • Obras para a creación da améndoa central de Bertamiráns
  • Obras de mellora dos vestiarios e muíño da praia fluvial de Tapia
  • Obras senda entre Lapido e Maguxe