Solapas principales

Rematadas as obras incluídas no Plan AGADER 2020-2021

Lunes, 02 de agosto de 2021

As obras de mellora do camiño que vai de Portanxil a Carballo, na parroquia de Trasmonte e as do camiño que vai dende A Condomiña ata a depuradora de Sisalde, na parroquia de Ortoño xa están rematadas. Estas actuacións están incluídas na Medida 4.3 do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 dentro de Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, actuacións financiadas con Fondos FEADER.

A través do Plan AGADER mellóranse os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. A finalidade deste plan é a execución de obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal.

O Concello de Ames realizou dúas obras con fondos do Plan AGADER 2020-2021, unha na parroquia de Trasmonte e outra na parroquia de Ortoño. As obras de mellora do camiño que vai de Portanxil a Carballo tiveron un importe de 13.879,33 euros. As obras de mellora do camiño que vai dende A Condomiña ata a depuradora de Sisalde ascenderon a 16.577 euros. Estas actuacións están incluídas na Medida 4.3 do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 dentro de Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, actuacións financiadas con Fondos FEADER.

Deste xeito, realízanse obras tanto de mantemento de camiños municipais coma de ampliación dos mesmos incidindo na mellora da seguridade viaria.

Camiño de Portanxil a Carballo
Neste caso actuouse nunha superficie de 1.000 metros de lonxitude, dividida en tres treitos de 300x3,50, 530x3,50 e 170x3,50 metros e 60 metros cadrados de sobreanchos.
Procedeuse á limpeza de gabias en ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe, previamente levouse a cabo o ensanche do camiño no treito de 530 metros ata acadar un ancho de 3,50 metros. Procedeuse ao ensanchamento do camiño en 0,50 metros co estendido de 20 centímetros de zahorra e 15 centímetros de pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.

Posteriormente aplicouse un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con pedra e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente colocouse unha sinal de stop.

Camiño de A Condomiña ata a depuradora de Sisalde
A través deste proxecto actuouse nunha superficie de 1.390 metros de lonxitude por 4 metros de ancho. Neste caso procedeuseá limpeza de gabias en ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe. Aplicouse no primeiro treito un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 5% da superficie con pedra e tratamento asfáltico semiprofundo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Rematadas as obras de mellora dos camiños de Portanxil e A Condomiña"

Revista AmesGO: "As obras do Plan AGADER 2020-2021, rematadas"

Obras financiadas con fondos FEADER

Multimedia

  • Obras financiadas con fondos FEADER