Solapas principales

Representantes da Asociación de Concellos do Camiño da Ría De Muros Noia reuníronse co delegado do Goberno en Galicia

Jueves, 19 de agosto de 2021

Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, e Manuel Lens, Concelleiro de Turismo de Ames, Presidenta e Secretario da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, respectivamente, xunto con Inés Monteagudo, alcaldesa de Muros; Luís Oujo, alcalde de Porto do Son; Santiago Freire, alcalde de Noia; Manuel Dos Santos, Concelleiro de Turismo de Rois, e Pablo Lago, alcalde de Brión, foron recibidos  por  José  Miñones na tarde do pasado luns nas instalacións  da  Delegación do Goberno, na cidade da Coruña, para abordar distintos aspectos relativos ao Camiño da Ría de Muros Noia que son competencia de varios organismos de ámbito estatal.

En palabras da presidenta, Teresa Villaverde, “a reunión tiña dous obxectivos: o primeiro, de carácter institucional, presentarlle ao Delegado, como representante do Goberno Central en Galicia, a Asociación e o estado actual do Camiño da Ría de Muros Noia.

O segundo foi  informalo acerca de varias iniciativas que se van a poñer en marcha e que son competencia de diferentes organismos estatais como o Instituto Geográfico Nacional,  Instituto Nacional de Estadística, Correos, e outros no ámbito das das infraestruturas viarias, etc. O resultado foi moi satisfactorio xa que dende a Delegación vanse facilitar todos estes contactos,  e, polo tanto, agardamos que nos vindeiros meses as xestións comecen a dar os seus frutos”.

Outra parte da reunión tivo por obxecto o estudo de posibles vías de financiamento para diferentes proxectos vinculados  a este itinerario que quere converterse  nun referente nas rotas de peregrinación a Compostela, especialmente na súa vertente marítima.

“ Éste é un  ámbito especialmente interesante para o noso Concello, e máis concretamente, para a capital municipal, xa que Bertamiráns é o punto de partida para percorrer os 12 km a pé que complementen as 90 millas náuticas, requisitos mínimos para acadar a Compostela. Bertamiráns é, tamén, o maior núcleo de poboación da última etapa do Camiño da Ría Muros Noia,  e onde as peregrinas e peregrinos atopan practicamente calquera servizo que podan necesitar”, refire Manuel Lens, concelleiro da área  de Turismo de Ames.

Representantes da Asociación de Concellos do Camiño da Ría De Muros Noia reuníronse co delegado do Goberno en Galicia

Multimedia

  • Representantes da Asociación de Concellos do Camiño da Ría De Muros Noia reuníronse co delegado do Goberno en Galicia