- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou resolver por causa imputable á empresa contratista, Vías e Servicios Compostela SL, o contrato formalizado con data do 20 de decembro de 2022 para a execución das obras de acondicionamento da estrada de Eirapedriña, na parroquia de Bugallido. Ditas obras foran adxudicadas por un importe de 155.288,75 euros (IVE incluído). O proxecto, incluído dentro do programa POS+ 2021 da Deputación da Coruña, engloba melloras en ata 1,7 quilómetros de capa de rodaxe, a ampliación da anchura do firme e a construción dunha senda peonil de 280 metros nun dos tramos. Unha vez resolto o contrato, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 16 de novembro o segundo expediente de licitación de dito proxecto.
O Concello de Ames tivo que resolver o contrato que foi adxudicado en decembro de 2022 á empresa Vías e Servicios Compostela SL, para a execución das obras de acondicionamento da estrada de Eirapedriña, na parroquia de Bugallido. Ditas obras foran adxudicadas por un importe de 155.288,75 euros (IVE incluído). O proxecto, incluído dentro do programa POS+ 2021 da Deputación da Coruña, engloba melloras en ata 1,7 quilómetros de capa de rodaxe, a ampliación da anchura do firme e a construción dunha senda peonil de 280 metros nun dos tramos.
Debido ao incumprimento da empresa contratista a Xunta de Goberno, o pasado 26 de outubro, aprobou resolver dito contrato asinado o 20 de decembro de 2022, por causa imputable á empresa Vías e Servicios Compostela SL. A causa do incumprimento imputable ao contratista é o incumprimento da obriga principal, tal e como se acredita mediante o informe da dirección de obra, do que resulta que, unha vez rematado o prazo de execución do contrato, o volume de obra executada é cero polo que se constata o incumprimento total da obriga principal do contrato. Debido a iso, aprobouse incautar e declarar a perda da garantía constituída en metálico con data do 20 de outubro de 2022 por importe de 6.416,89 euros.
Ademais, debido a dita resolución de contrato a Xunta de Goberno Local aprobou iniciar un expediente para a declaración de prohibición á empresa Vias e Servicios Compostela SL pola resolución culpable do contrato das obras de acondicionamento da estrada de Eirapedriña. Asemade, unha vez resolto o contrato, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 16 de novembro o segundo expediente de licitación de dito proxecto.
O alcalde, Blas García, indica que “as empresas deben ser serias e cumprir os prazos. A veciñanza non pode pagar polos incumprimentos dos contratos. Estaremos vixiantes e actuaremos de igual forma con todas as empresas que non cumpran coas súas obrigas”.
Novas relacionadas:
Lindeiros: "Ames licitará de novo a estrada de Eirapedriña e da por resolto o contrato existente"