- Tematica
O vindeiro xoves 6 de marzo, o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, volverá a acoller unha nova xornada dos Encontros Literarios, desta vez coa presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez. Ademais da autora desta obra de ficción, estará presente durante a charla Mónica de Soto Alberto, profesora de filosofía. O encontro terá lugar o vindeiro xoves 6 de marzo, ás 20.00 horas e, como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
O Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas Municipais, continúa coas presentacións de libros enmarcadas dentro do programa “Encontros Literarios”, unha actividade que ten como obxectivo promover a literatura en galego, e tamén dar a coñecer novos escritores ou autores próximos.
“Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez
A autora deste próximo encontro é Alba Sánchez Suárez, unha moza santiaguesa de só 17 anos afeccionada dende ben cativa a todos os tipos de literatura. Esta obra de fantasía é a súa primeira publicación é o froito a tres anos de investigación e traballo sobre historias e mitos relacionados cos anxos e outros seres mitolóxicos ambientados na cidade de Compostela. Con todo, esta obra será o inicio dunha saga de libros xuvenís.
A novela narra a historia complexa de Raquel tras a morte repentina da súa nai, unha mestura entre realismo e ficción na que a medida que a protagonista intenta resucitar á súa vai, van aparecendo diferentes personaxes e elementos como os anxos e demos ou os pecados capitais.
Novas relacionadas: