Solapas principales

Saen a concurso as obras do lugar de Rúa na parroquia de Piñeiro

Lunes, 17 de mayo de 2021

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o inicio do expediente de licitación das obras de renovación do pavimento dos viarios interiores do núcleo de Rúa, na parroquia de Piñeiro, por un importe de 276.576,75 euros. As obras executaranse a través do POS+ Adicional 2020. Esta obra forma parte das actuacións de mellora dos núcleos rurais amesáns, nos que se planifica ademais de actuacións encamiñadas a mellorar pavimentos, a crear sendas peonís seguras coa canalización e recubrimento das cunetas.

O Concello de Ames vai a acometer unha importante actuación no lugar de Rúa, na parroquia de Piñeiro, onde se procederá a renovar e mellorar notablemente os interiores e accesos do núcleo, ademais de realizar a colocación de tubaxe de saneamento e abastecemento para no futuro non ter que volver a realizar ningún tipo de obra na que se teña que actuar sobre o novo firme.

Esta obra que ten un orzamento importante, xa que supera os 276.000 euros, forma parte das actuacións de mellora dos núcleos rurais amesáns, nos que se planifica ademais de actuacións encamiñadas a mellorar pavimentos, a crear sendas peonís seguras coa canalización e recubrimento das cunetas.

Para ao alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, "esta obra é un claro exemplo da aposta que este Goberno municipal fai polo rural amesán, xa que queremos que os veciños e veciñas que viven no rural poidan dispoñer de servizos e de accesos en condicións". Continúa dicindo o alcalde que "a parroquia de Piñeiro vai a ter varios investimentos importantes no que queda de mandato, porque o noso obxectivo é que non existan desigualdades en ningunha parroquia rural".

As obras de renovación do pavimento dos viarios interiores do lugar de Rúa, na parroquia de Piñeiro, inclúen actuacións sobre unha superficie total de 2.450 metros. A actuación inclúe demoler o pavimento actual e despois estender 15 centímetros de pavimento de formigón delimitado por lastra de pedra granítica e sobre 10 metros de saburra.  

Nunha lonxitude de 50 metros prevese a mellora do viario mediante tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma (con 3 metros de ancho), previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo (no firme existente que non se ve afectado pola apertura de gabias). Para a reposición do firme das gabias estenderanse 15 centímetros de grava e tratamento semiprofundo.

Noutro dos viarios interiores, cunha lonxitude de 195 metros e 3,50 metros de ancho ademais dun abanico de 50 metros cadrados, preténdese a pavimentación con 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Ademais contémplase, antes da execución do pavimento dos viarios, levar a cabo a canalización de 760 metros de tubo de PVC Ø400 mm, un total de 35 m de caz con reixa (7 caces de 5 metros de lonxitude) e as correspondentes arquetas para a recollida de augas pluviais, ademais da conexión das baixantes das vivendas. Proxéctase tamén a canalización da rede de saneamento formada por un total de 790 metros de tubo de PVC Ø250 mm, 30 pozos de rexistro e a reposición de 8 acometidas xunto coa execución de 2 novas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Profunda mellora para os viarios do núcleo de Rúa"

Imaxe dos camiños interiores do lugar de Rúa

Multimedia

  • Imaxe dos camiños do lugar de Rúa, na parroquia de Piñeiro
  • Mapa das obras que se van executar nos camiños do lugar de Rúa, na parroquia de Piñeiro