Solapas principales

Seguridad Social abre o ciclo de concertos “Los40 Classic Locos por Galicia”, este venres 8 no Milladoiro

Martes, 05 de julio de 2022

O Milladoiro vai acoller este venres 8 de xullo ao grupo Seguridad Social, que dará comezo ao ciclo de concertos “Los40 Classic Locos por Galicia”, patrocinado polo Xacobeo 21-22 e coa colaboración das Concellarías de Cultura e de Turismo de Ames. O concerto, que forma parte do programa Ames Cultural, terá lugar ás 22:00 horas no aparcadoiro da travesía do Porto, e será de balde e con entrada libre.

Continúa a música na programación cultural do Concello de Ames para este verán, nesta ocasión cunha viaxe á escena rock española dos 80, da man dunha das súas bandas máis míticas. O grupo levantino Seguridad Social estará este venres 8 de xullo no Milladoiro, no aparcadoiro da travesía do Porto, como parte do ciclo “Los40 Classic Locos por Galicia”, a partir das 22:00 horas.

O evento, organizado pola emisora, conta co patrocinio do Xacobeo 21-22 e da súa marca “Concertos do Xacobeo”, ademais da colaboración das Concellarías de Cultura e de Turismo de Ames. A cita no Milladoiro, de balde e con entrada libre, será a primeira parada dunha serie de concertos polas catro provincias galegas, coas actuacións de grupos como Danza Invisible, La Guardia, Rafa Sánchez ou OBK.

A banda Seguridad Social, formada en Valencia no 1982 por José Manuel Casañ, é un dos grupos de maior popularidade do rock español da década dos 80. Ao longo da súa extensa traxectoria, a formación creou cancións que xa son parte da cultura pop española, como “Chiquilla”, “Quiero tener tu presencia” ou “Comerranas”. Na actualidade, continúan xirando cos seus clásicos, que combinan con outros temas e versións fieis ao seu estilo.

O concerto do grupo valenciano este venres 8 forma parte da programación do Ames Cultural, que esta mesma semana contará con outras actuacións musicais, como a da charanga Os Celtas, o xoves 7 nos Seráns de Ames, ou a de Luar na Lubre, que estará este domingo 10 na Festa do chourizo ao viño de Ortoño.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "As rúas encheranse do mellor rock dos 80 co grupo Seguridad Social"

Seguridad Social abre o ciclo de concertos “Los40 Classic Locos por Galicia”, este venres 8 no Milladoiro

Multimedia

  • Seguridad Social abre o ciclo de concertos “Los40 Classic Locos por Galicia”, este venres 8 no Milladoiro
  • Seguridad Social abre o ciclo de concertos “Los40 Classic Locos por Galicia”, este venres 8 no Milladoiro
  • Seguridad Social abre o ciclo de concertos “Los40 Classic Locos por Galicia”, este venres 8 no Milladoiro