Solapas principales

Sete coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron na Feira das Profesións 2025 celebrada este xoves en Negreira

Jueves, 24 de abril de 2025

Sete coworkers do espazo colaborativo A Proa do Concello de Ames participaron na Feira das Profesións 2025, organizada, como vén sendo habitual, polos departamentos de orientación do IESP de Ames, o IES de Brión e o IES Xulián Magariños de Negreira e que, ademais, este ano contou por primeira vez coa colaboración do IES do Milladoiro. O evento organizouse no pavillón Pedra Mámoa, en Negreira, en horario de mañá e tarde.

Un curso máis, os departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira, e por, primeira vez, o IES do Milladoiro, celebraron este xoves, 24 de abril, a VI Feira das Profesións. Este evento serve como guía para que todas as persoas que participen, descubras as diferentes ofertas e alternativas formativas que existen no mundo laboral, sobre todo para coñecer sectores ou oportunidades fóra dos habituais e convencionais.

Esta edición contou con máis de 60 expositores de diferentes empresas, centros educativos, asociacións e áreas profesionais, como por exemplo das Forzas Armadas, Policía Nacional, o CIFP Audiovisual de Vigo ou as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Coruña. Á feira asistiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e a concelleira de Educación, Carmen Porto.

Deste xeito, o alumnado que se achegou esta mañá a Negreira puido coñecer de primeira man as oportunidades e ofertas laborais que teñen de cara o futuro, descubrindo diferentes ramas profesionais tanto a nivel universitario como de formación profesional ou en ciclos de formación.

Participación dos coworkers da Proa
Neste senso, sete coworkers do espazo colaborativo A Proa, do Concello de Ames participaron na Feira das Profesións 2024: Carlos L. Ríos, da plataforma web Gran Rural; Luis Pombo, do proxecto de comercio internacional Leiloio International; Laura Iglesias, da rede social Livddans; Paz González e María Luisa Dequidt, da consultora enerxética Avelaiñas; Fátima Rodríguez, da empresa de RRHH Linum Consult, e Carla Caamaño, tradutora do sector audiovisual. Os tres primeiros coworkers participaron na sesión de mañá, mentres que o resto estarán na sesión de tarde.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “a celebración desta xornada é unha gran oportunidade para poder manter contacto coa dirección dos institutos de Ames e poñer en común diferentes propostas e actividades para realizar nos centros educativos”. Nesta liña, adiantou que “o alumnado do IES de Ames e do Milladoiro visitará proximamente o espazo de coworking A Proa, para así descubrir os diferentes sectores profesionais que poden ter no seu propio concello”.

Neste senso, a concelleira de Educación, Carmen Porto, subliñou que “este tipo de eventos dirixidos especialmente ao alumnado dos institutos e que están a piques de rematar os seus estudos de secundaria ou bacharelato, son unha oportunidade para que descubran as diferentes saídas e ramas profesionais ás que poden dedicarse nun futuro”.

O evento realizouse no pavillón Pedra Mámoa de Negreira, en horario de 09.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas. Durante a mañá o acceso estivo dirixido en especial ao alumnado de centros educativos, mentres que pola tarde o acceso será libre para público o xeral. Ás 18.30 horas realizarase o acto de clausura desta sexta edición da Feira das Profesións, no que participarán as direccións centros educativos organizadores e das Corporacións municipais dos Concellos de Ames, Brión e Negreira.

Sete coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron na Feira das Profesións 2025 celebrada este xoves en Negreira

Multimedia

  • Sete coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron na Feira das Profesións 2025 celebrada este xoves en Negreira