Solapas principales

Sete deportistas da escola amesá de karate Dokkodo participaron na XI Copa Akai Ryu

Martes, 23 de mayo de 2023

Sete deportistas da escola amesá de kárate Dokkodo participaron o sábado 13 de maio na XI Copa Akai Ryu, celebrada no concello de Negreira. Os karatekas lograron facerse con catro medallas en total, tanto en kata como en kumite.  

A xornada comezou coas intervencións dos máis cativos, Mateo e Tiago, que competiron en kata benxamín; e de Bruno, Jadel e Xián, que o fixeron en kata e kumite alevín.

Xa en horario de tarde, foi a quenda dos máis maiores, Marcos e Raúl, que participaron tanto en kata como en kumite xuvenil.

Finalmente, os deportistas lograron facerse con catro medallas para o club. Tiago Calvo Blanco alcanzou a prata en kata benxamín masculino; e Xián Blanco Calvo o bronce en kata alevín masculino. Pola súa banda, Jadel e Raúl Rodríguez Paulino quedaron no segundo posto en kumite alevín masculino >34 quilos e kumite xuvenil masculino <54 kilos, respectivamente. Finalmente, Bruno Varela Paz logrou o cuarto posto en kumite alevín masculino >34 quilos.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Nutrida presenza amesá na XI Copa Akai Ryu coa escola Dokkodo"

Imaxe grupal dos participantes na copa

Multimedia

  • Tiago Calvo
  • Jadel Rodríguez no podio
  • Raúl Rodríguez no podio
  • Tiago Calvo no podio
  • Xián Blanco no podio
  • Tiago Calvo e Xián Blanco