Solapas principales

“Sinaladas”, a mostra que recolle a loita das mulleres galegas no século XX, xa pode visitarse no Milladoiro ata o 11 de abril

Miércoles, 29 de marzo de 2023

Este martes, 28 de marzo, inaugurouse no Milladoiro a exposición “Sinaladas”, ofrecida pola Deputación da Coruña e organizada pola Concellaría de Igualdade de Ames no marco da programación do 8M, en colaboración co departamento de Cultura. A mostra, que fai un repaso pola loita a prol dos dereitos das mulleres no século XX, poderase visitar na travesía do Porto ata o vindeiro 11 de abril. Ao acto de inauguración asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Igualdade, Beatriz Martínez; a concelleira de Cultura, Natividade González; o concelleiro de Educación, David Santomil; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; e o deputado provincial da área de Patrimonio e Contratación, Xosé Lois Penas.

“Sinaladas” é unha andaina a través de 100 anos de historia, entre finais do século XIX e finais do século XX, período no que as mulleres loitaron para conseguir mellorar a súa calidade de vida e para ocupar un espazo no país e no relato. Deste xeito, abórdanse cuestións como o dereito universal ao voto, os primeiros pasos da muller en política e a chegada do sector feminino á universidade, pero tamén as dificultades sufridas durante a etapa de represión franquista.

A exposición está dividida en trece estruturas, unha de presentación e outras doce de contidos divididos por temáticas. As catro primeiras céntranse na época anterior a xullo de 1936 e nas consecuencias que padeceron as pioneiras na súa loita; mentres que as catro seguintes abordan o período comprendido entre o golpe de Estado e a disolución da guerrilla, e as catro últimas versan sobre o mantemento da represión contra as mulleres máis alá do ano 1936, a posguerra e a morte de Francisco Franco.

En total, a mostra está composta por 39 paneis e 284 apartados nos que se recolle a historia de 540 mulleres, así como por 373 imaxes. Nela recóllense as historias de diferentes persoeiros que marcaron a historia de Galicia, pero tamén de mulleres anónimas que foron silenciadas e sinaladas. Ademais, acompáñase dunhas unidades didácticas para axudar a planificar o proceso de ensinanza e aprendizaxe histórico dos escolares. Poderase visitar na travesía do Porto (O Milladoiro) ata o vindeiro 11 de abril. Para obter máis información pódese premer nesta ligazón.

Ao acto de inauguración asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Igualdade, Beatriz Martínez; a concelleira de Cultura, Natividade González; o concelleiro de Educación, David Santomil; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; e o deputado provincial da área de Patrimonio e Contratación, Xosé Lois Penas.

Imaxe da presentación de Sinaladas

Multimedia

  • “Sinaladas”, a mostra que recolle a loita das mulleres galegas no século XX, xa pode visitarse no Milladoiro ata o 11 de abril
  • “Sinaladas”, a mostra que recolle a loita das mulleres galegas no século XX, xa pode visitarse no Milladoiro ata o 11 de abril
  • “Sinaladas”, a mostra que recolle a loita das mulleres galegas no século XX, xa pode visitarse no Milladoiro ata o 11 de abril
  • “Sinaladas”, a mostra que recolle a loita das mulleres galegas no século XX, xa pode visitarse no Milladoiro ata o 11 de abril
  • “Sinaladas”, a mostra que recolle a loita das mulleres galegas no século XX, xa pode visitarse no Milladoiro ata o 11 de abril