Solapas principales

A Sociedade Ximnástica Pontevedra gaña o Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

Lunes, 14 de octubre de 2024

O Concello de Ames organizou, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames. O evento deportivo comezou ás 11.00 horas coa disputa do Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto, no que gañaron os/as atletas da Sociedade Ximnástica Pontevedra. A continuación, disputáronse as probas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10, femininas e masculinas. As probas realizáronse o sábado pasado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, ao carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. Nas categorías escolares inscribíronse 102 rapaces e rapazas, mentres que no campionato galego de remudas participaron 48 atletas (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Preme nesta ligazón para ver a galería de imaxes do Cros Concello de Ames.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca que “a primeira edición do Cros Concello de Ames foi un éxito, tanto de participación como de organización. O circuíto habilitado en Aldea Nova, que se agarda que teña continuidade para poder seguir disputando esta proba en vindeiras ocasións, contou cun gran ambiente, xa que se xuntaron un gran número de atletas, familiares e amigos/as. A climatoloxía acompañou, xa que fixo unha mañá soleada, polo que todo confluíu para ver un gran evento deportivo”.

As probas comezaron ás 11.00 horas coa disputa do Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto, no que gañaron os/as atletas da Sociedade Ximnástica Pontevedra cun tempo de 18:10. Completaron o podio, en segunda posición os/as deportistas do Ourense Atletismo cun tempo de 18:21 e os/as atletas do Club Atletismo Santiago cun tempo de 18:28. Podes consultar a clasificación completa premendo nesta ligazón.

Foi unha proba moi emocionante xa que os/as atletas do Club Atletismo Santiago foron primeiros en boa parte da proba, pero na última remuda as atletas da Sociedade Ximnástica Pontevedra e do Ourense Atletismo pasáronlle á atleta do Club Atletismo Santiago, logrando a primeira e segunda posición respectivamente na clasificación final.

Nesta proba participaron 48 atletas (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Nesta edición do campionato da Xunta de Galicia incrementouse a participación en 4 equipos respecto da pasada edición. Tiveron que completar catro voltas ao circuíto (6.000 metros). Cada un dos catro atletas deu unha volta ao circuíto (1.500 metros).

Probas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10
A continuación, disputáronse as probas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10, femininas e masculinas. Nas probas sub 16 e sub 18 feminina e masculina, as/os atletas percorreron unha distancia de 3.000 metros (dúas voltas ao circuíto); nas probas sub 14 feminina e masculina tiveron que correr 1.500 metros (unha volta ao circuíto). Na proba sub 12 feminina e masculina a distancia foi de 1.000 metros, ao igual que nas probas sub 10 feminina e masculina que se correu de forma conxunta. Para consultar todos os resultados das categorías sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10 podes premer nesta ligazón.

As gañadoras na categoría sub 18 e sub 16 feminina foron Debris Paniagua Rodríguez, do Club Atletismo O Pino, cun tempo de 10.03; e Helia García González, do Club Atletismo Ribadeo, cun tempo de 11:39, respectivamente. Hai que destacar que na categoría sub 16 feminina, en terceira posición quedou Lucía Quintáns González, do Club Ames Atletismo, cun tempo de 13.39.  

Na categoría masculina sub 18 o gañador foi Daniel Ameneiro González, do Club Atletismo C.S.C.R. Beade, cun tempo de 10:13, e en segunda posición chegou o atleta local, Nicolás Collazo Santamaría, do Club Ames Atletismo, cun tempo de 10:15. Na categoría sub 16 o gañador foi Xoel Franco García, tamén do Club Atletismo C.S.C.R. Beade, cun tempo de 9.42.

Na categoría sub 14 feminina a primeira en cruzar a liña de meta foi Irene García Nebril, do Club Natación Cedeira Muebles Garcia, cun tempo de 5:04; mentres que na categoría sub 14 masculina o vencedor foi Lucas Costas de Francisco, do Club Atletismo C.S.C.R. Beade, cun tempo de 04:41.  

Por outra banda, na categoría sub 12 feminina a gañadora foi Nadia Conejo Bascoy, da Sociedade Atlética do Trega, cun tempo de 3:23; mentres que na categoría sub 12 masculina o vencedor foi Xabier Rodil Illobre, do Club Triatlón Compostela, cun tempo de 02:55. Nesta categoría hai que destacar a terceira posición de Hugo Olaf Fernández López, do Club Ames Atletismo, que foi terceiro cun tempo de 3:23.

Por último, na proba sub 10 feminina e masculina, que correron de forma conxunta, a gañadora na categoría feminina foi Julia Martínez Ozores, da Sociedade Atlética do Trega, cun tempo de 03:23; e o gañador na categoría masculina foi Mateo Vilela Mosquera, do Club de Atletismo MillaRaio, cun tempo de 03:32. hai que destacar que na categoría feminina, Celia Mella Rama, do Club de Atletismo MillaRaio, foi terceira cun tempo de 03:38; e Martín Penabab Peña, tamén do Club de Atletismo MillaRaio, quedou en segunda posición, cun tempo de 03:48.

Novas relacionadas:

Bisbarra: " O I Cros de Ames vai para o Gimnástic"

A Sociedade Ximnástica Pontevedra gaña o Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

Multimedia

  • A Sociedade Ximnástica Pontevedra gaña o Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto