Solapas principales

As tarxetas de desconto “Bonos Consuma” xeran en 10 días un gasto de 135.455 euros

Martes, 26 de diciembre de 2023

O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este martes, 26 de decembro, descargáronse 2.374 bonos e consumiuse algo máis do 50% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíronse 31.965 euros dos 61.000 euros que achega o Concello. Ademais, durante estes 10 días xerouse un gasto total de 135.455,30 euros nos 105 establecementos comerciais e de hostalería que se adheriron a dita campaña. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono por importe de 50 euros. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da web bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. O prazo de validez do bono vai do 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024, salvo que se esgote o orzamento do programa.

O Concello de Ames puxo en marcha un novo programa de incentivos a través de tarxetas bono co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano, que leva por nome “Bonos Consuma”, busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. En dia campaña están adheridos 105 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames, onde se poderán empregar os bonos consuma.

O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Para elo hai que entrar no apartado de clientes da web bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.

O prazo de validez do bono vai do 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024, salvo que se esgote o orzamento do programa que ascende a 61.000 euros. É importante saber que no caso de que se esgote o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ter saldo polo que se perderá o saldo pendente de gastar.

Ata este martes, 26 de decembro, descargáronse 2.374 bonos e consumiuse o 52,40% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíronse 31.965 euros dos 61.000 euros que achega o Concello. Ademais, durante estes 10 días xerouse un gasto total de 135.455,30 euros nos 105 establecementos comerciais e de hostalería que se adheriron a dita campaña.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca a boa acollida que está tendo a campaña. “En pouco máis de 10 días xa se consumiu o 52% do orzamento que se destina aos bonos consuma. O ritmo de gasto está sendo moi bo e xa se superaron os 135.000 euros de gasto total. Animamos ás persoas que descargaron bonos a consumilos o antes posible, porque é probable que o orzamento se esgote antes do 31 de xaneiro, data na que finaliza a campaña”.

Como funciona?
Cada cliente disporá como máximo dun bono de desconto por un importe de ata 50 euros que se poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais participantes e que se identificará co distintivo da campaña. No caso de esgotar o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ser utilizados.

Hai que seguir estes sinxelos pasos: primeiro descarga a aplicación Wallet no teu teléfono móbil; para de seguido rexistrarte dende o teu móbil ou na web en https://app.bonosconsuma.gal. Despois recibirás unha mensaxe de validación (SMS). De seguido, o cliente ten que activar o seu Bono Consuma e descargalo en forma de código QR. Un vez finalizado o proceso só queda buscar o distintivo Consuma Bonos nos establecementos e mostrar o código QR do bono no momento do pago. O desconto no pago dependerá do importe da compra que se realice.

Campaña de promoción do comercio local
A campaña Bonos Consuma busca promocionar os sectores do comercio e a hostalería de Ames, para reactivar a economía do municipio impulsando o consumo nos establecementos locais. Todos os comercios participantes contan cun adhesivo que os acredita como establecementos colaboradores.

O obxectivo desta iniciativa é ter un impacto positivo no comercio local, promovendo que a veciñanza faga as súas compras de Nadal nos distintos establecementos do concello. Cada bono ten a consideración de bono desconto por un valor de ata 50 euros para as compras que se fagan nos establecementos adheridos, e poderase usar ata o seu esgotamento ou, se é o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

Como funciona este desconto?
O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada:
-Desconto de 5€ en compras iguais ou superiores a 10€, e inferiores a 30€.
-Desconto de 10€ en compras iguais ou superiores a 30€, e inferiores a 50€.
-Desconto de 15€ en compras iguais ou superiores a 50€.

Este ano destínanse, en convenio con Abanca, un total de 80.000 euros aos Bonos Consuma. A maior parte deses fondos (61.000 euros) destínanse a axudas directas para a adquisición dos bonos, pero unha parte está destinada a sufragar dúas das novidades máis importantes desta convocatoria: a creación dunha páxina web (www.bonosconsuma.gal) e dunha aplicación móbil. O obxectivo principal destas ferramentas é que supoñan unha descarga de traballo para os comerciantes, pois a aplicación dos descontos farase a través de códigos QR.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "As tarxetas Bonos Consuma xeran en dez días un gasto de 135.000 euros en Ames"

Cartaz da campaña "Bonos Consuma"

Multimedia

  • Cartaz da campaña "Bonos Consuma"
  • Descontos dos Bonos Consuma
  • Como obter os Bonos Consuma