- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organiza unha nova edición do festival Millarock, que se vai celebrar o vindeiro 2 de agosto a partir das 19.00 horas no anfiteatro do Milladoiro. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. Ás 21.00 horas, Onda Dagda abrirán o festival no anfiteatro do Milladoiro; ás 22.00 horas, na travesía do Porto sairá ao escenario Biribirlocke; neste mesmo escenario ás 23.15h será a quenda de Agoraphobia; e ás 00.30 horas pechará o festival Dakidarría. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración aproximada dunha hora. A entrada será libre e de balde.
Un ano máis, O Milladoiro convértese en punto de encontro para os amantes da música coa chegada do festival MILLA rock, que este ano alcanza a súa edición número trece. O evento, ao que se poderá acceder de xeito libre e gratuíto, continúa apostando pola música en galego, combinando bandas emerxentes con outras máis consolidadas.
Nesta edición, o festival tamén renova a súa imaxe, incorporando un deseño rompedor e colorido que se converterá na imaxe de marca deste evento musica. Ademais, unirá dous escenarios ao longo dun paseo musical: o anfiteatro do Milladoiro e a Travesía do Porto Por outra banda, co obxectivo de achegar achegar aos máis pequenos a paixón pola música rock, tamén incluirá actividades que se realizarán ese mesmo día pola tarde, para fomentar entre os cativos a afección e o gusto pola música rock en galego. Estas actividades estarán organizadas pola escola A Casa do Rock.
Así, o Millarock segue a ser unha das grandes apostas do Concello de Ames, que ao longo da historia do festival achegou ao municipio a música de grupos consolidados como Herdeiros da Crus, que conta cunha longa traxectoria; ou The Rapants, cuxa carreira se atopa nun momento de ascenso meteórico; así como de formacións que se crearon cando comezaba a desenvolverse o festival e que seguen en activo, como Familia Caamagno e Agorafobia.
Horarios do MILLA rock
Este ano vólvese a xuntar neste festival a destacadas bandas de rock galego, cun cartel no que se citan os grupos Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda. Ademais, o persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e da impartición de obradoiros musicais.
Dende a Concellaría de Cultura dáse conta da orde e horarios nos que van actuar os catro grupos. Deste xeito, ás 21.00 horas, Onda Dagda abrirán o festival no anfiteatro do Milladoiro; ás 22.00 horas, na travesía do Porto sairá ao escenario Biribirlocke; neste mesmo escenario ás 23.15h será a quenda de Agoraphobia; e ás 00.30 horas pechará o festival Dakidarría. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración aproximada dunha hora.
Porén, as actividades darán comezo xa pola tarde no anfiteatro do Milladoiro, cun concerto didáctico ás 19:00 horas, e o obradoiro “Sube e Toca” ás 20:00 horas. Estas actividades estarán organizadas pola escola A Casa do Rock.
Unha oferta musical para todos os públicos
Tras máis de 20 anos desde a súa formación e unha ampla bagaxe de discos e concertos, Dakidarría é un referente no panorama galego e estatal. O seu punto forte son os directos, atrevéndose tanto con salas pequenas como con grandes festivais. A agrupación musical retoma a estrada neste 2024 para descargar en cada escenario a emoción, a enerxía e a adrenalina que se desprende en “XX”, o seu novo disco en directo rexistrado en dous festivais emblemáticos; Revenidas e Castañazo Rock.
Por outro lado, Agoraphobia é unha banda de Boiro formada por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo) que volve neste 2024 co seu garaje rock, ritmos de distorsión profunda e potentes riffs que sacoden o rock alternativo.
O grupo amesán Biribirlocke chega, despois dunha tempada en standby, cheo de forzas para volver a onde o deixaran e facernos bailar e desfrutar do seu directo. Son contundente cargado de ritmos enerxéticos e alegres apoiados nunha potente sección de ventos. Un directo marcado polos temas que teñen gravado como adianto do seu terceiro disco que está a piques de ver a luz.
Por último, o grupo de rapaces e rapazas amesás Onda Dagda xa ten actuado recentemente en diversas galas do concello así como no certame da Deputación da Coruña “Quero Cantar” no Teatro Colón. O escenario natural do Auditorio da zona verde do Milladoiro será o espazo onde nos amosarán os seus temas e incribles versións revisitadas dalgúns clásicos que estamos seguros nos sorprenderán.
O festival contará tamén coa colaboración da escola compostelá A Casa do Rock. O persoal desta escola colaborará co achegamento aos clásicos do rock. A través dos seus formatos didácticos subirá ao escenario un concerto no que percorreremos os clásicos e os máis dignos representantes da cultura rock cunha proposta adaptada para o público máis novo.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "El Millarock se abre a las nuevas generaciones con conciertos didácticos y talleres musicales"