- Tematica
Durante a vindeira fin de semana, o sábado 1 e o domingo 2 de marzo, tres atletas do club de atletismo MillaRaio van competir nos campionatos de España. Puri Cariñena e David López van participar no campionato de España Máster que se vai celebrar en Antequera, mentres que Nuno Castro acudirá a Valencia ao campionato de España sub18 para participar na proba de heptatlón, proba na que se proclamou campión galego hai un mes.
A vindeira fin de semana do 1 e 2 de marzo, vanse celebrar dous campionatos de España de pista curta nos que o club atletismo MillaRaio contará coa participación de tres atletas.
Ata o concello de Antequera viaxarán Puri Cariñena e David López para participar no campionato de España Máster. David competirá nas probas de salto de altura, 60 metros valos e pentatlón, mentres que Puri participará nos 60 metros lisos, 400 metros e na proba de remudas mixta 4x200, proba na que correrá cos atletas do club atletismo Sada.
Por outra banda, Nuno Castro, acudirá a Valencia ao campionato de España sub18 para participar na proba de heptatlón, proba na que se proclamou campión galego hai un mes. Viaxará xunto co seu adestrador Juan Pablo Fernández e terá que realizar sete probas entre o sábado e o domingo (60 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura, 60 metros valos, salto con pértega e 1000 metros).