Solapas principales

Tres ciclistas do club amesán Os Esfola Arrós participaron na primeira proba da Copa Galicia de XCO

Martes, 27 de abril de 2021

O club Os Esfola Arrós competiu na primeira competición do ano en Galicia. Tres ciclistas do club ciclista amesán competiron na Copa Galicia Cross Country. A proba celebrouse na Cañiza e contou cunha gran participación debido a que foi a primeira celebrada dende hai ano e medio debido á pandemia do coronavirus. A próxima proba da Copa Galicia Cross Country está previsto que se realice en Cambre en pouco máis dun mes. Os Esfola Arrós agardan poder asistir a que será a segunda proba desta competición.

A Cañiza acolleu a primeira proba da Copa Galicia Cross Country. Foi a primeira proba en Galicia despois de ano e medio sen competicións debido á pandemia da Covid-19. A gaña de competir dos/as ciclistas provocou que houbese unha gran participación nesta proba. O club amesán Os Esfola Arrós participou nesta proba con tres ciclistas.   

O primeiro en competir foi Manuel Alonso, natural de Brión, que vén de incorporarse aos Esfola Arrós esta temporada. Manuel Alonso é cadete e esta foi a súa primeira competición. Antes de comezar tiña bastantes nervios pero fixo unha boa saída situándose entre os 25 mellores participantes. No tramo final da proba foise regulando para acabar na posición vixésimo terceira.

O segundo ciclista dos Esfola Arrós en participar foi Francisco Lueiro. Trala saída conseguiu situarse na metade do pelotón de máster 40, unha categoría cunha gran cantidade e calidade de inscritos. Ao seu ritmo, sen desesperarse e desfrutando tanto cara arriba como cara abaixo, acabou a proba nunha meritoria 38 praza final.

O terceiro e último en tomar a saída foi Nacho Casal, que debutou en Cross Country, tomando a saída na categoría sub23, conxuntamente coa categoría elite. Realizou unha moi boa saída situándose entre os mellores 15 ciclistas da carreira, pero unha picada na roda dianteira, que por distracción non cambiou ata a terceira volta do circuíto, fixo que perdera moitos postos na clasificación xeral. Tras este incidente remontou e logrou rematar a proba na oitava posición en categoría sub 23.

Novas relacionadas:

Revista AmesGo: "Os Esfola Arrós volveron á competición na Copa Galicia de XCO"

Francisco Lueiro

Multimedia

  • Francisco Lueiro
  • Francisco Lueiro
  • Manuel Alonso
  • Manuel Alonso
  • Manuel Alonso
  • Nacho Casal
  • Nacho Casal