Solapas principales

Últimas días para inscribirse na cuarta edición do concurso Canta con Ames

Martes, 25 de junio de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, lembra que está aberto o prazo para inscribirse na cuarta edición do concurso Canta con Ames. O prazo de inscrición para participar no certame está aberto ata o vindeiro 1 de xullo. Existen catro categorías: persoas ata 17 anos, persoas a partir dos 18 anos, dúos e tríos, e profesional. O concurso está composto de varias fases, que se desenvolverán do 12 de xullo, momento no que comezará a fase de preselección, ao 11 de agosto coa gran final. O certame estará presentado pola xornalista Loli Gómez. O cartel do concurso foi deseñado por Mireya Vilas Vilacoba, que ten 9 anos e é veciña de Ames.

Este concurso está organizado pola Concellaría de Promoción Económica e colaboran as asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. Ao certame poderán presentarse cantantes afeccionados/as. Non poden presentarse profesionais da música, aínda que non estean na actualidade en activo. Existen catro categorías: persoas ata 17 anos; persoas a partir dos 18 anos; dúos e tríos, de calquera idade; e profesional. Como novidade, este ano poderán presentarse profesionais da música, aínda que non estean na actualidade en activo.

O concurso tamén contará, un ano máis, coa participación da Xuntanza de Empresarios de Ames e a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, que colaborará con vales para gastar no comercio local.

As persoas que desexen participar deben enviar un vídeo con audio, en formato mp4 coa interpretación sen base vocal orixinal, de non máis de 1 minuto ao enderezo electrónico amesnarua@gmail.com. Ademais, haberá que enviar o impreso de inscrición cuberto e asinado (no caso de menores de idade asinarán os/as representantes legais), e acompañado dos documentos requiridos no propio impreso, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poderán facelo de maneira presencial nas oficinas de rexistro do Concello de Ames e demais entidades previstas no artigo 16.4 da LPACAP. As inscricións poderanse realizar ata o 1 de xullo. O 8 de xullo comunicaráselle por correo electrónico, a todas as persoas que se teñen presentado, a condición de candidatos ou non candidatos para as seguintes fases.

Fases do concurso
O concurso está composto de varias fases. Haberá dous días de preselección: o 12 de xullo, ás 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro; e mailo 13 de xullo, tamén ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase de preselección só se interpretará unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou inglés. O xurado escollerá un máximo de 20 persoas seleccionadas en total por ambas xornadas, cinco por categoría (no caso de que algunha das categorías quede deserta, o número de semifinalistas noutras categorías poderá incrementarse ata cubrir o total de 20 persoas).

O 16 de xullo publicaranse as persoas seleccionadas na páxina web municipal. Antes do 24 de xullo, as persoas seleccionadas deberan poñerse en contacto coa organización para acordar o tema a interpretar na seguinte fase a través da dirección de correo electrónico amesnarua@gmail.com.

Posteriormente, a semifinal será o 3 de agosto, ás 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, á que terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. Só se interpretará unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou inglés. A duración do tema determinarase co xurado en cada caso. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final.

A gran final realizarase o 11 de agosto, ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas; de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo.

Xurado do concurso
O xurado estará composto por Ines Suárez, veciña de Auguapesada, que exerce como profesora de música nun colexio público de Galicia. Estudou Maxisterio musical en Santiago de Compostela xunto co grado profesional de guitarra no Conservatorio de Santiago. Actualmente canta no grupo as As Maianas, formado no propio concello de Ames, e dirixe os coros parroquiais de Ames e Piñeiro.

Tamén formará parte do xurado Lara López, veciña de Ames e gañadora da primeira edición do Canta con Ames na categoría xuvenil. A terceira integrante do xurado será Noelia Bellas, veciña da parroquia de Bugallido e gañadora da categoría sénior da primeira edición do concurso de karaoke Canta con Ames.

Premios
Nesta cuarta edición, os premios son:

  • 1ª categoría: 500 euros para o gañador/a.
  • 2ª categoría: 500 euros para o gañador/a.
  • 3ª categoría: 1.000 euros para o dúo-trio gañador.
  • 4ª categoría: 500 euros para o ganador/a.

O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano.

Novas relacionadas:

-El Correo Gallego: "Calidade máxima no primeiro certame Baila con Ames e cincocentas persoas aplaudindo"

-La Voz de Galicia: "Aprobado general en el concurso Baila con Ames, donde todos los participantes pasaron a la final"

Últimas días para inscribirse na cuarta edición do concurso Canta con Ames

Multimedia

  • Últimas días para inscribirse na cuarta edición do concurso Canta con Ames