Solapas principales

Últimos días para inscribirse na cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames

Miércoles, 21 de junio de 2023

O Concello de Ames colabora na organización da primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que se realizará o vindeiro venres 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, co obxectivo de recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Na actualidade hai preto de 100 persoas inscritas para participar en dito evento. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá o vindeiro venres, 30 de xuño, a primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames. Trátase dun evento que está organizado por Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos, e no que colabora o Concello de Ames. O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS.

Baixo o lema “Axúdanos a debuxar o seu sorriso” o evento realizarase o venres, 30 de xuño, ás 20.30 horas. O prezo do menú será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Para os nenos e nenas de ata 6 anos a entrada será gratuíta. Destes importes, 5 euros son de donativo. Na actualidade hai preto de 100 persoas inscritas para participar en dito evento.

Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

As entradas para o evento, tamén, se poden obter en tres establecementos comerciais e hostaleiros de Bertamiráns (Don Budi, Imperfect e Secretos de Tocador) e noutros tres do Milladoiro (cafetería Casa da Cultura, Fátima Prego Estilistas e Nonna & Go).

Cartaz da cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames

Multimedia

  • Cartaz da cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames