Solapas principales

Últimos días para inscribirse no obradoiro infantil "Creacontos" organizado pola Biblioteca municipal

Miércoles, 26 de mayo de 2021

O obradoiro de “Creacontos”, impartido por Andamiaxe, celebrarase este sábado 29 de maio, ás 11.30 horas, na biblioteca de Bertamiráns. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 27 de maio. As inscricións pódense facer na propia biblioteca, chamando ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

O pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas. Con este motivo, as bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha programación específica para este mes de maio.

Deste xeito, este sábado, 29 de maio, ás 11.30 horas, na Biblioteca de Bertamiráns, os rapaces e rapazas que están escolarizados nos cursos de 3º a 6º de Educación Primaria poderán acudir ao obradoiro de “Creacontos”, impartido por Andamiaxe.

Nesta actividade, a rapazada aprenderá todas as variables que ten un mesmo conto: xogar, recortar, pegar, debuxar, escribir, escoitar, compartir, falar, descubrir, colorear, construír… O obxectivo é sacarlle todo o partido aos contos contados e entendidos de maneira tradicional.

O prazo de inscrición para participar nesta actividade estará aberto ata este xoves 27 de maio. As inscricións pódense facer na propia biblioteca, chamando ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

Exposicións sobre Xela Arias
Por outra banda, con motivo da celebración do mes das Letras Galegas, a exposición urbana “Xela Arias, desde nós en ti” está exposta ata o 31 de maio. Trátase dunha intervención nos escaparates de distintos establecementos de Bertamiráns e do Milladoiro, que amosan carteis, elaborados polo alumnado do IES de Bertamiráns, nos que se que recollen aspectos da vida, a obra e a época na que viviu a poeta sarriá.

Outros traballos realizados tamén por alumnos e alumnas do mesmo instituto acadaron o 1º Premio no Concurso-exposición “Letras 2021” da Xunta de Galicia e poderán verse na Casa de Cultura de Bertamiráns ata finais de mes.

Creacontos

Multimedia

  • Creacontos