O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano de “Bonos Consuma” busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal ata o 6 de decembro. Os bonos poderán gastarse do 14 de decembro ao 14 de febreiro de 2025.
Despois do éxito das edicións de 2021, 2022 e 2023, o Concello de Ames retoma para este Nadal o programa de incentivos ao comercio a través de bonos de desconto. Esta iniciativa, que busca ter un impacto positivo no comercio local, está organizada pola Concellaría de Promoción Económica. Ademais, nesta iniciativa colaboran as asociacións Xuntanza de Empresarios de Ames, Asociación de empresarios Novo Milladoiro e maila Asociación de pequenos comerciantes Viorneira Palmira Bulebar.
A concelleira de Promoción Económicas, Ana Belén Paz, destaca que “esta nova campaña de Bonos Consuma conta cun orzamento de 60.000. Despois do éxitos das edición de 2021, 2022 e 2023, na campaña anterior xerouse un volume de negocio de 258.842,94 euros. En dita campaña participaron un total de 108 establecementos comerciais e de hostalería de Bertamiráns e do Milladoiro, que agardamos que se incremente este ano. Houbo consumo en practicamente todos os sectores do comercio e hostalería”.
Prazo de adhesión para os establecementos comerciais e hostaleiros
Aqueles establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal ata o 6 de decembro. Todos os establecementos participantes deberán contar cun adhesivo que os acredite como establecementos colaboradores. Este ano destinaranse un total de 60.000 euros aos Bonos Consuma.
A campaña para veciños/as e visitantes, para consumir os bonos nos establecementos comerciais e hostaleiros de Ames, será do 14 de decembro ao 14 de febreiro de 2025, ambos incluídos.
Características dos Bonos Consuma
A campaña Bonos Consuma busca promocionar os sectores de comercio e hostalería de Ames, para reactivar a economía do municipio impulsando o consumo nos establecementos locais. Cada bono terá a consideración de bono desconto por valor de ata 50 euros para as compras que se fagan nos establecementos adheridos, e poderase usar ata o seu esgotamento ou, se é o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.
Como vai funcionar este desconto? O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada:
-Desconto de 5€ en compras iguais ou superiores a 10€, e inferiores a 30€.
-Desconto de 10€ en compras iguais ou superiores a 30€, e inferiores a 50€.
-Desconto de 15€ en compras iguais ou superiores a 50€.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La campaña Bonos Consuma de Ames atrae a 104 negocios"