Solapas principales

Un documental conmemora os 100 anos do Seminario de Estudos Galegos: "Saber Galiza"

Viernes, 06 de octubre de 2023

O documental SABER GALIZA. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS verá a luz este sábado, 7 de outubro, para conmemorar o 100 aniversario desta institución que foi clave para a cultura e a ciencia galegas. A peza audiovisual está producida por Nós Televisión e realizada co apoio da Universidade de Santiago, o Concello de Santiago, o Concello de Ames e o Museo de Pontevedra. A través do relato de máis de 15 persoas relacionadas coa cultura, a ensinanza e a historia galega, faise unha viaxe ao longo do territorio e do tempo para divulgar a sabiduría, o legado e o arquivo do Seminario de Estudos Galegos, descoñecidos para a meirande parte das galegas e dos galegos. O documental estréase este sábado ás 12:00 horas, na propia canle de youtube de Nós Televisión, en aberto para todos os públicos, e nas próximas semanas tamén estará dispoñible na plataforma de Movistar Plus+ para todo o Estado español. Premendo nesta ligazón podes acceder ao enlace directo onde se estrea o documental este sábado.

Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
En 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos co impulso dunha parte do estudantado da Universidade de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica.

Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación. “Terra de Melide” é froito deste enfoque integral e multidisciplinar. O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941.

Investigación, arquivo e entrevistas
O documental inclúe entrevistas a unha quincena de persoas que nos van contando o que foi o Seminario de Estudos Galegos e nos amosan boa parte do arquivo que hai hoxe sobre el. Así, na peza interveñen a vicerreitora de Cultura da USC, Pilar Murias Fernández; a bibliotecaria do Instituto de Estudos Gallegos Padre Sarmiento (CSIC), Isabel Romaní Fariña; o catedrático Henrique Monteagudo Romero; o director  do Museo Terra de Melide, Xosé Manuel Broz Rei, e a arqueóloga do mesmo museo, Cristina Vázquez Neira; a directora do arquivo do Museo de Pontevedra, María Jesús Fortes Alén; o catedrático Ramón Villares Paz; o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane; o conservador do Museo de Historia Natural da USC, Juan Manuel Cutrín Lobato, e a técnica do mesmo Museo, Xoana Pintos Barral; a filóloga e investigadora María López Sández, e os estudantes da USC Antonio Platero Comesaña, Iago Casas Neo, Iria Peniza Rodríguez e Uxía Nieves Estévez.

Un documental conmemora os 100 anos do Seminario de Estudos Galegos: "Saber Galiza"

Multimedia

  • Saber Galiza - Casa da familia paterna de Rosalía (Ortoño)
  • Saber Galiza - IGPS - Arquivo 2
  • Saber Galiza - M. X. Fortes
  • Saber Galiza - Pilar Murias
  • Saber Galiza - Ramón Villares
  • Embedded thumbnail for