Solapas principales

Un grupo de 22 alumnos/as e 4 profesores/as daneses estarán unha semana en Ames dentro do programa Erasmus do colexio Alca

Lunes, 06 de noviembre de 2023

O Concello de Ames colaborou co colexio Alca para realizar esta mañá un acto de recepción a un grupo de 22 alumnos/as e 4 profesores/as daneses que participan no programa Erasmus. Por parte do Concello de Ames participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Educación, Carmen Porto, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e outros/as concelleiros/as da Corporación municipal. Do colexio Alca asistiu o director, Fausto Varela Durán, a xefa de estudos e coordinadora do programa Erasmus, Edelmira Riero Romero, e outros profesores deste centro. O alumnado e profesorado danés estará unha semana en Ames e participará en diferentes actividades relacionadas coa sostibilidade e o medio ambiente, así como en saídas culturais.

O alcalde de Ames, Blas García, mostrouse encantado de recibir a este grupo: “Ames e a súa xente formará sempre parte das vosas vidas. Deséxovos que o voso tempo neste concello sexa o máis gratificante posible e que espalledes o nome de Ames polo mundo enteiro”.

O colexio Alca, situado en Biduído de Arriba, conta con acreditación Erasmus dende o ano 2021. No marco de dito programa participa en diversos proxectos con outros centros de ensino de Europa. Deste xeito, esta mañá realizóuselle un acto de benvida a un grupo de 22 alumnos/as, de 14 e 15 anos de secundaria, e a 4 profesores/as do centro de ensino danés da localidade de Billund, que se está situado ao sur de Dinamarca.

Dito grupo estará en Ames do 4 ao 11 de novembro e participarán en diversas actividades relacionadas coa sostibilidade e co medio ambiente, así como en diferentes saídas culturais polas cidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Tamén participarán nunha ruta pola Costa de Dexo (Oleiros) e nunha visita ao parque natural das illas Atlánticas. Durante a súa estancia en Ames convivirán con familias de 25 alumnos/as do colexio Alca, que previamente estiveron en Billund durante a primeira semana de outubro.

O alumnado amesán durante a súa estancia en Dinamarca visitou Ribe, que é unha pequena cidade do suroeste de Jutlandia. Trátase da cidade máis antiga dos pobos escandinavos. Tamén visitaron o Mar de Wadden e maila Torre de Marsk, que é unha torre de observación de aceiro corten en forma de dobre hélice deseñada por Bjarke Ingels Group situada no parque nacional do Mar de Wadden.

Intercambio de mobilidade de larga duración
Ademais, no marco do programa Erasmus, tres estudantes franceses participan nun intercambio de mobilidade de larga duración. Estarán durante dous meses no colexio Alca nun intercambio con alumnado de Ames. Previamente, tres alumnos do centro de ensino amesán estiveron durante os meses de setembro e outubro en institutos franceses de secundaria e bacharelato.

O director do colexio Alca, Fausto Varela Durán, agradece a colaboración do Concello de Ames para poder empregar as instalacións da Casa da Cultura do Milladoiro no acto de benvida realizado esta mañá e tamén pola participación tanto do alcalde como de diversos concelleiros e concelleiras da Corporación municipal.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Bienvenida en Ames a un grupo de daneses que participa en un intercambio escolar con el colegio Alca"

O Concello de Ames colaborou co colexio Alca para realizar esta mañá un acto de recepción a un grupo de 22 alumnos/as e 4 profesores/as daneses que participan no programa Erasmus

Multimedia

  • O Concello de Ames colaborou co colexio Alca para realizar esta mañá un acto de recepción a un grupo de 22 alumnos/as e 4 profesores/as daneses que participan no programa Erasmus