A Unidade Móbil de Doazón de sangue estará en Milladoiro o mércores, 26 de agosto, na rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro. O xoves, 27, desprazarase a Bertamiráns e situarase na Avnda da Maía, diante da praza. En ámbalas dúas localidades os horarios serán de mañá e de tarde. Por mor da loita contra a COVID19, e para escalonar a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa no teléfono 900 100 828.
A unidade móbil de doazón de sangue estará no Milladoiro, o mércores 26 de agosto en horario de mañá e de tarde. Situarase na rúa curuxa, no cruce con Rosalía de Castro, entre as 9:30 e as 14:30 e desde as 15:30 até as 21:00 horas. A Bertamiráns desprazarase o xoves, 27 de agosto. Estará situada na Avnda da Maía, diante da praza do mesmo novo. O horario de mañá establecerase entre as 9:30 e as 14:00, o da tarde comezará ás 15:30 e rematará ás 21:00 horas.
Protocolos de seguridade
Os traballadores e traballadoras sanitarios que atenden as Unidades Móbiles de Doazón de Sangue extreman estes días os protocolos de seguridade. Ademais de atender a través de cita previa, en cada local de doazón e en cada unidade móbil, o persoal cambia as luvas e limpa as padiolas despois de cada doazón, todo o material que se utiliza é estéril e serve para unha sóa vez, e execútase unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección. Cómpre salientar asemade que á saída e á entrada de cada local de doazón e nas unidades móbiles hai un envase con solución desinfectante para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente daConsellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos
atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para escalonar a afluencia
de doadores, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar no teléfono 900 100 828.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Doazón de sangue nas urbes de Ames entre os días 26 e 27 do presente mes"