Solapas principales

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro

Lunes, 21 de febrero de 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Solicitude de cita previa para doar

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doantes, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828.

#sumateaonosoequipo

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Para máis información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar preme aquí

Tamén podes ver este vídeo no que se explica o proceso de doazón

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Unidade para doar sangue este martes na rúa da Cruxa"

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro