- Tematica
A unidade móbil de doazón de sangue estará os días 26 e 27 de marzo no Milladoiro (na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro) e o día 30 en Bertamiráns (na praza de Chavián, xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, existe un teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o 900 100 828.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue continúa a campaña de doazón de sangue. Deste xeito, a unidade móbil de doazón de sangue estará no Milladoiro o martes 26 de marzo, en horario de 15:30 a 21:00 horas, e o mércores 27, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. A unidade móbil estará na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro.
Esa fin de semana, o sábado 30 de marzo, estará en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 10:00 a 15:00 horas.
Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, e, ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.
Teléfono de información
Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispón dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre doazón de sangue, o número 900 100 828.
#súmateaonosoequipo
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos para todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse as dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o necesitan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos... Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.