Solapas principales

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 14 de outubro no Milladoiro

Martes, 13 de octubre de 2020

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 14 de outubro, No milladoiro, na Rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de mañá, de 09.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará no Milladoiro, este mércores 12 de outubro, en horario de mañá e de tarde. Situarase na Rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro,  de 09.30 a 14.30 horas e entre as 15.30 e as 21.00 horas.

Protocolos de seguridade
Os traballadores e traballadoras sanitarios que atenden as Unidades móbiles de doazón de sangue extreman estes días os protocolos de seguridade. Ademais de atender a través de cita previa, en cada local de doazón e en cada unidade móbil, o persoal cambia as luvas e limpa as padiolas despois de cada doazón, todo o material que se utiliza é estéril e serve para unha soa vez, e execútase unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección.
Cómpre salientar asemade que a saída e a entrada de cada local de doazón e nas unidades móbiles hai un envase con solución desinfectante para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

Solicitude de cita previa para doar
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828.#súmateaonosoequipo

Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto. O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Para máis información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar premer aquí e neste PDF. Tamén podes ver este vídeo no que se explica o proceso de doazón.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La unidad móvil para donación de sangre visita O Milladoiro"

Cartel doazón de sangue Milladorio.

Multimedia

  • Cartel doazón de sangue Milladorio.
  • Cartel cita previa.
  • Protocolo seguirdade doazón de sangue.
  • Cartel doar é seguro.