Solapas principales

A unidade móbil de doazón de sangue estará os días 26 e 27 de agosto no Milladoiro e en Bertamiráns

Lunes, 24 de agosto de 2020

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 26 de agosto, na rúa Cruxa do Milladoiro (no cruce con Rosalía de Castro). O día seguinte, o xoves 27, desprazarase ata Bertamiráns e situarase na avenida da Maía, diante da praza da Maía. En ambas as dúas localidades os horarios serán de mañá, de 9.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará no Milladoiro, este mércores 26 de agosto, en horario de mañá e de tarde. Situarase na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro, entre as 9:30 e as 14:30 e desde as 15:30 ata as 21:00 horas. A Bertamiráns desprazarase o xoves, 27 de agosto. Estará situada na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será o mesmo que no Milladoiro, de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 21:00 horas.

Protocolos de seguridade
Os traballadores e traballadoras sanitarios que atenden as Unidades móbiles de doazón de sangue extreman estes días os protocolos de seguridade. Ademais de atender a través de cita previa, en cada local de doazón e en cada unidade móbil, o persoal cambia as luvas e limpa as padiolas despois de cada doazón, todo o material que se utiliza é estéril e serve para unha soa vez, e execútase unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección.

Cómpre salientar asemade que a saída e a entrada de cada local de doazón e nas unidades móbiles hai un envase con solución desinfectante para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

Solicitude de cita previa para doar
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Cartel informativo sobre a unidade móbil de doazón de sangue

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará os días 26 e 27 de agosto no Milladoiro e en Bertamiráns
  • A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828