Solapas principales

Varias rúas do Milladoiro e de Bertamiráns volverán a ser unicamente peonís durante esta fin de semana

Viernes, 05 de junio de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 6 e o domingo 7 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.

Durante esta fin de semana o Concello de Ames volve a repetir o corte de tráfico de vehículos en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, para favorecer o tránsito das persoas en núcleos urbanos e poder así manter as distancias de seguridade. Outros dos obxectivos é favorecer circuítos peonís de mobilidade nos núcleos urbanos para que a veciñanza teña máis doado mercar nos comercios locais de Ames.

Deste xeito, dende este sábado 6, ás 16:00 horas, ata o domingo 7 de xuño, ás 23:00 horas, córtase o tráfico (agás a entrada e saída de garaxes) nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro que se detallan nos mapas que se poden descargar ao pé desta nova. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.

En Bertamiráns as rúas que serán peonís e se corta o tráfico de vehículos son as mesmas que a fin de semana pasada, pero ademais engádese a rúa do Pedregal. Deste xeito, serán peonís a rúa Ameneiral, a rúa Entrerríos (o tramo que vai dende Alcalde Lorenzo ata a rúa Ameneiral), a rúa do Rueiro, a rúa do Arrucheiro (ata a Travesía da Peregrina), a rúa do Cómaro, a rúa do Pedregal e a rúa que vai por detrás da escola infantil da Galiña Azul desta localidade.

No Milladoiro volverá haber dúas zonas totalmente peonís
Por outra banda, no Milladoiro, serán unicamente peonís as mesmas rúas que a semana pasada. Así, as rúas nas que se corta o tráfico de vehículos son a rúa Raxoeira (dende a rúa de Abaixo ata a avenida Rosalía de Castro), a rúa da Costa (entre Travesía da Moa e rúa Figueiras); e a rúa Xaquín Lorenzo (entre a rúa do Xeixo e a rúa da Madalena).

Ademais, hai dúas zonas que volverán a ser totalmente peonís. A primeira zona engloba á travesía da Madalena, a rúa Estivada de Castelao, a rúa das Camelias, a rúa Agro da Madalena (ata a intersección coa rúa dos Cereixos), e maila rúa da Viorneira.

Tamén se establece unha segunda área peonil na zona norte do Milladoiro. Nesta área as rúas peonís serán a rúa dos Agriños, a Travesía do Porto (dende a rúa dos Cereixos ata a intersección coa rúa Palmeiras), a rúa de Pardiñeiros, a rúa Cruxa (ata a rúa Agro do Medio), a rúa Agro da Vella, e a rúa Agro do Medio (dende a rúa Cruxa ata a rúa de Abaixo).

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, explica que “esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño. Esta fin de semana cortaranse ao tráfico as mesmas rúas que a fin de semana pasada, pero en Bertamiráns engádese a rúa do Pedregal. O obxectivo é crear circuítos peonís de mobilidade nos núcleos urbanos”.

Mapa sobre o corte de tráfico en rúas de Bertamiráns os días 6 e 7 de xuño

Multimedia

  • Mapa sobre o corte de tráfico en rúas do Milladoiro os días 6 e 7 de xuño