Solapas principales

Victoria Otero Espinar, medalla do Concello de Ames 2022, elexida nova presidenta da RSME

Sábado, 18 de enero de 2025

A prestixiosa matemática e catedrática Victoria Otero Espinar (Universidade de Santiago de Compostela), Medalla do Concello de Ames 2022, foi elixida nova presidenta da RSME (Real Sociedade Matemática Española), relevando deste modo a Eva Gallardo (Universidade Complutense de Madrid). Será acompañada por Jon Asier Bárcena Petisco, Mateus Costa de Sousa e Rafael Granero Belinchón como vogais. Esta nova Xunta de Goberno encabezada por Otero tomará posesión o próximo xoves, 23 de xaneiro.

Blas García, alcalde de Ames, non tardou en felicitar á nova presidenta electa e desexarlle sorte na súa nova andaina: “Para o Concello de Ames sempre é un orgullo ter un veciño ou veciña destacado nalgún campo. Victoria non deixa de romper moldes e, como alcalde de Ames, quero trasladarlle o orgullo e afecto de toda veciñanza”.

Traxectoria
É profesora de Análise Matemática no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC e investigadora do Centro de Investigacións e Tecnoloxías Matemáticas de Galicia (CITMAga). En 1989 foi visitante académico en IBM Research, Thomas J. Watson Research Center en Yorktown Heights, Nova York. Ademais, foi vicerreitora de Graos da USC. Participou en máis de 40 proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas europeas, nacionais ou autonómicas e é autora de máis de 50 artigos científicos en revistas incluídas na publicación especializada Journal Citation Reports (JCR). Colabora con investigadores da USC e especialistas internacionais como Ravi Agarwal (Florida Institute of Technology), Hyman Bass (Universidade de Columbia) ou Paul Glendinning (Cambridge Universit).

Otero foi decana da Facultade de Matemáticas da USC entre 2009 e 2017, e durante o seu mandato o centro acadou o recoñecemento mundial, ocupando o posto 51-75 no Ranking de Shanghai en investigación matemática, e no posto 25 mundial en o Leiden Ranking da especialidade de matemáticas.8 Ademais, durante ese período, o persoal investigador da Facultade de Matemáticas obtivo premios como o John Chambers Software estatístico, recoñecemento ao deseño de programas estatísticos innovadores para facilitar a análise, visualización e manipulación de datos, o premio ao mellor investigador novo na XIV Conferencia Española de Biometría, ou o recoñecemento Bernd Aulbach outorgado pola Sociedade Internacional de Ecuacións Diferenciais.

Entre 2007 e 2019, Otero presidiu a Comisión Profesional da Real Sociedade Española de Matemáticas. De 2010 a 2014 foi presidenta do Colexio de Decanos e Directores de centros da USC. En 2016 foi nomeada presidenta da RSME-RAE. Comisión e ese mesmo ano, e ata 2017, presidiu a Conferencia de Decanos de Matemáticas. En 2022 foi nomeado vicepresidente primeiro da Real Sociedade Española de Matemáticas.

Victoria Otero