Solapas principales

Volve a Foliada con Apego este xoves, 19 de agosto, nos Seráns de Tapia

Miércoles, 18 de agosto de 2021

A terceira sesión de agosto do programa cultural "Seráns de Tapia" comezará ás 19.00 horas. Nesta ocasión será unha foliada organizada en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Ames e na que actuará o grupo de música tradicional Tátara Trío formado polos músicos Pablo Díaz, Álex Fente e Fernando do Campo. A actividade está dirixida a un público de calquera idade e as entradas serán de balde ata completar as prazas dispoñibles.

A Foliada con Apego cambia de espazo e enmárcase desta vez no programa "Seráns de Tapia", impulsado pola Concellaría de Cultura. Desenvolverase na Praia Fluvial de Tapia e estará dinamizada polo grupo Tátara Trío, formado polos músicos Pablo Díaz, Álex Fente e Fernando do Campo. As foliadas son unha oportunidade para divertirse, cantar, bailar e ir aprendendo os cantos de noso ao tempo que coñecemos xente, fomentamos a socialización interxeracional e transmisión natural da lingua e da cultura propias. As persoas que toquen ou teñan na casa algún instrumento tradicional poden levalo para acompañar aos músicos.

As foliadas posiblemente teñan a súa orixe na esfolla do millo, nas esfolladas, un traballo en grupo en que se xuntaba a veciñanza de todas as idades nas noitiñas de outubro e novembro. A esfolla era habitual que fose acompañada de cantos e que rematase en baile. Hoxe o temo saíu do contexto de labor agrícola pero continua a designar xuntanzas interxeracionais festivas que teñen como protagonistas cantos e bailes.

O programa Apego
O programa Apego está dirixido a todas as familias de Ames que estean a agardar un bebé ou que teñan crianzas de ata 6 anos.

É un proxecto cooperativo de varios concellos que pretende promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia e que apoia ás familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames enviando o formulario cuberto a través da páxina apego.gal, escribindo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 662 377 215. 

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "La Alameda, el Monte do Gozo y Tapia acogen citas para el público familiar"

Volve a Foliada con Apego este xoves, 19 de agosto, nos Seráns de Tapia

Multimedia

  • Volve a Foliada con Apego este xoves, 19 de agosto, nos Seráns de Tapia