- Tematica
O patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o próximo venres 7 de maio unha nova foliada con Apego. A partir das 18.00 horas, as persoas asistentes gozarán dun encontro para bailar, cantar e tocar cancións galegas. Quen teña instrumentos tradicionais poderá levalos e usalos. Trátase dunha actividade para familias con nenos e nenas sen límite de idade ou para calquera outra persoa interesada e require inscrición previa. O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de maio. Débese enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.
O programa Apego organiza neste mes de maio unha nova foliada no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk, esta actividade é un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso.
Se algunha das persoas interesadas toca algún instrumento tradicional, pode levalo á foliada para acompañar e compartir a súa música co resto das persoas asistentes.
A actividade, que é de balde, ten prazas limitadas e está destinada a familias con nenos e nenas sen límite de idade ou a calquera outra persoa interesada á que lle preste cantar e bailar. Para formalizar as inscricións é necesario enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal co nome e apelidos das persoas participantes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. O prazo para facelo remata o próximo xoves 6 de maio.
O programa Apego
O programa Apego está dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas con idade inferior a 6 anos.
É un proxecto cooperativo de varios concellos que pretende promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia e que apoia as familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.
As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames enviando o formulario cuberto a través da páxina apego.gal, escribindo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 662 377 215.