Solapas principales

Volve o programa SaúdeAndo cunha andaina circular dende o centro de saúde de Bertamiráns

Miércoles, 31 de agosto de 2022

Tras un breve descanso durante os meses de xullo e agosto a Concellaría de Promoción da Saúde volve a poñer en marcha o programa SaúdeAndo. Este ano o programa está composto por 38 andainas con saída dende Bertamiráns e mailo Milladoiro. De setembro a decembro faranse 16 andainas (8 en cada localidade). As andainas do SaúdeAndo son unha iniciativa da Concellaría de Promoción de Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello. É precisamente dende os propios centros onde comezan as rutas circulares, que duran entre unha hora e unha hora e media e que teñen unha dificultade media-baixa.

Este xoves, 1 de setembro, volve a poñerse en marcha o programa SaúdeAndo a través do que se realizan andainas saudables todos os xoves, que parten dende os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. O programa de 2022 está composto por 38 andainas das que faltan por realizar 18. A primeira tralo parón estival será mañá, ás 17.30 horas, dende o centro de saíde de Bertamiráns.

As sesións teñen lugar ás 17:30 horas, alternando cada xoves entre os centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns, e sempre van acompañadas dun monitor de marcha nórdica, que instrúe ás persoas que desexen voluntariamente practicar esta modalidade. As sesións teñen unha dificultade media-baixa e duran entre unha hora e unha hora e media.

Durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro haberá 16 andainas saudables. En Bertamiráns haberá 8 saídas, os días 1, 15 e 29 de setembro, 13 e 27 de outubro, 10 e 24 de novembro e 22 de decembro. Pola súa banda, no Milladoiro realizaranse outras 8 andainas, os días 8 e 22 de setembro, 6 e 20 de outubro, 3 e 17 de novembro e 1 e 15 de decembro.

A concelleira de Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, destaca que se trata “dun programa consolidado e que leva xa tempo funcionando moi ben. Formouse un grupo de persoas en cada localidade ás que lle gusta camiñar e que aproveitan este programa para iniciarse na actividade física. Incluso empregan estas andainas como un momento de xuntarse, charlar e compartir, ao tempo que coñecen diferentes roteiros polos núcleos urbanos”. Ademais, explica que “este ano as primeiras saídas adiantáronse dous meses, ante a forte demanda das persoas participantes, polo que se programaron actividades para 10 meses do ano”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Adelantan las andainas del programa SaúdeAndo ante la demanda vecinal"

Enfoques: "Vuelve el programa SaúdeAndo con una ruta circular desde el centro de salud de Bertamiráns"

Imaxe de arquivo do programa SaúdeAndo

Multimedia

  • Imaxe de arquivo do programa SaúdeAndo
  • Imaxe de arquivo do programa SaúdeAndo
  • Cartaz do programa SaúdeAndo en Bertamiráns
  • Cartaz do programa SaúdeAndo en Bertamiráns