Solapas principales

Volve a poñerse en marcha o programa SaudeAndo cunha andaina dende Bertamiráns

Miércoles, 01 de septiembre de 2021

Este xoves, 2 de setembro, ten lugar en Bertamiráns a primeira andaina saudable despois do verán. A nova camiñada circular comeza ás 17.30h e ten saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns. A actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa SaúdeAndo, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, dunha duración aproximada de hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, estas andainas organízanse en ambas localidades en semanas alternas dende setembro ata decembro. Non é preciso inscribirse previamente.

Tralas vacacións de verán, o programa SaúdeAndo volve poñerse en marcha este xoves, 2 de setembro, cunha andaina que terá saída e chegada no centro de saúde de Bertamiráns. Estas andainas pertencen ao programa SaúdeAndo, que está organizado polo Concello de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. Dito programa consta de 11 en Bertamiráns e 12 no Milladoiro, que se desenvolverán ata decembro en ambas localidades durante xoves alternos.

Ao igual que en andainas anteriores, a actividade esta supervisada por Ricardo Angueira Vázquez, o monitor que impartiu o curso de iniciación de Marcha Nórdica, polo que a andaina serve para que as/os participantes continúen afianzando o aprendido nos obradoiros ou comezar a aplicar algúns trucos desta modalidade neste tipo de actividades.

Promoción da actividade física

A través desta actividade, a Concellaría de Sanidade ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde. Neste senso, son numerosos os estudos que indican que a práctica regular de actividade física aporta unha ampla serie de beneficios, a longo e a curto prazo, tanto físicos como emocionais, así como dar a coñecer diferentes rutas urbanas de  dificultade baixa coa idea de que os/as participantes os coñezan, poidan facer grupo entre eles e se animen a facelos pola súa conta para poder chegar a esos 3/4 días de actividade física semanal.

Así, entre o amplo abano de beneficios que supón a realización de exercicio físico atópase a mellora da función cardiorrespiratoria, da forza muscular e da masa ósea, ademais de converterse nun factor clave para combater a obesidade.

Asemade, esta práctica diminúe o desenrolo de factores de risco asociados a enfermidades crónicas como é o caso de hipertensión, diabetes, hipercolesterolemia ou osteoporose. Por outra banda, o deporte tamén mellora a autoestima, posto que permite reducir os síntomas de ansiedade e depresión e diminuír o estrés. Neste senso, a realización de actividade física, ademais de divertido axuda a sentirse máis feliz.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Arrinca de novo o SaudeAndo cunha andaina dende Bertamiráns"

SaudeAndo

Multimedia

  • SaudeAndo
  • SaudeAndo