- Tematica
A parroquia de Bugallido celebra esta fin de semana as festas de San Isidro. A celebración comezará arredor das 20:30 horas do sábado, co concerto de Treixadura, seguido dunha foliada aberta. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, coa posterior sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, e haberá tamén sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. As festas contarán con cantina con empanada e callos, polbeiro, animación infantil e diversos postos de artesanía.
Este sábado, 18 de maio, darán inicio as festas do San Isidro de Bugallido, organizadas pola Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, o Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria, en colaboración co Concello de Ames e coa Deputación da Coruña. A celebración iniciarase co concerto de Treixadura, ás 20:30 horas. Esta actuación está subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Posteriormente, ás 22:30 horas haberá unha foliada aberta para que calquera que o desexa poida cantar e bailar.
O domingo, día 19, terá lugar a misa solemne na honra a San Isidro, ás 12:30 horas, na que actuará a Coral Polifónica de Bugallido. A continuación, dará comezo a sesión vermouth, na que participarán novamente as escolas de baile e música tradicional de Bugallido. Xa pola tarde, actuarán os Viqueiras de Ordes e, a partir das 18:30 horas, Faíscas da Pontraga e Tanto nos Ten. Ademais da ambientación musical, o domingo haberá servizo de cantina e polbeiro, e os asistentes poderán gozar de racións de empanada e de callos a prezos populares. Por último, instalaranse diversos postos artesanais, e os máis cativos poderán gozar de animación infantil.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La lluvia no detuvo al San Isidro de Bugallido, en Ames, y su Carballeira das Letras"