Solapas principales

Volven os “Encontros Literarios en Ames” cun monográfico sobre a homenaxeada Xela Arias

Viernes, 21 de enero de 2022

As bibliotecas municipais amesás celebran un novo encontro literario co fin de presentar o Caderno Ramón Piñeiro número 44, unha obra colectiva dedicada a celebrar a obra da autora Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021. Será o vindeiro mércores 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Presentarán o acto Luís Cochón, editor da publicación; Manuel González, coordinador científico da obra, e o escritor Xosé Ramón Fandiño, acompañados do alcalde de Ames, Blas García, e da concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

As bibliotecas municipais de Ames retoman con este acto os seus encontros literarios, dos que organizaron catro sesións ao longo do último trimestre de 2021, coas intervencións dos autores Salvador Lladó, Emma Pedreira, Alfredo Conde e Xosé Luís Santos Cabanas.

“Cadernos Ramón Piñeiro XLIV. Celebración de Xela Arias. Intempériateme” é o título do monográfico que se presentará este próximo mércores. Publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, conta coa colaboración vinte e catro autoras e autores galegos, que aportan a súas achegas sobre a obra da autora homenaxeada na última edición do Día das Letras Galegas, a escritora, poetisa e tradutora Xela Arias.

O acto estará conducido por tres académicos e investigadores relacionados co Centro Ramón Piñeiro. Luís Cochón é profesor de lingua e literatura, crítico e investigador, ademais do coeditor deste caderno. Pola súa banda, Manuel González é catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, académico da Real Academia Galega e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro. Por último, Xosé Ramón Fandiño é escritor e director da Gran Enciclopedia Galega.

En representación do Concello de Ames, asistirán como acompañantes á presentación o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Cultura, Natividade González. No acto colabora a Libraría Lenda.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Los Encontros Literarios de Ames ponen el foco en Xela Arias"

El Correo Gallego: "Publicación tributo a Xela Arias no encontro literario"

AMSGO!: "Volven os “Encontros Literarios en Ames” cun monográfico sobre Xela Arias"

Volven os “Encontros Literarios en Ames” cun monográfico sobre a homenaxeada Xela Arias

Multimedia

  • Volven os “Encontros Literarios en Ames” cun monográfico sobre a homenaxeada Xela Arias