Solapas principales

Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro “Os superpoderes das aves”

Jueves, 04 de abril de 2024

O programa Apego continúa o seu programa de actividades neste mes de abril co obradoiro “Os superpoderes das aves”, de Alouette Machine, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 12 de abril, ás 17:30 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 11 de abril, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Hoxe, 4 de abril, abre o prazo de inscrición para a actividade “Os superpoderes das aves”. Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro de imprenta creativa impartido por Alouette Machine, a Imprenta Ambulante, para achegarnos ao funcionamento dunha imprenta e ao mundo das aves que nos rodean, poñendo en valor o uso da lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental. Ademais, cada crianza elaborará a súa propia postal nunha imprenta ambulante.

Esta actividade terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 12 de abril, ás 17:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos. É unha actividade de balde pero é preciso inscribirse canto antes.

As persoas interesadas en inscribirse só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro 11 de abril. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscricións.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, empregando distintas actividades e recursos.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro “Os superpoderes das aves”

Multimedia

  • Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro “Os superpoderes das aves”