Solapas principales

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés

Martes, 18 de marzo de 2025

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Teatro, organiza para os vindeiros días 2 e 9 de abril un obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés. A actividade terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 19.00 a 21.00 horas. O prazo para inscribirse comeza hoxe, martes 18 de marzo, e estará aberto ata o vindeiro día 27. Para participar, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal con nome, apelidos e un número de teléfono. Hai 15 prazas dispoñibles e adxudicaranse por orde de inscrición. 

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés que organiza O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Teatro. O obxectivo desta actividade, dirixida para persoas que non conten cunha experiencia teatral previa e que queiran experimentar e coñecer mellor o seu corpo e expresións, é dar a coñecer os beneficios do teatro na nosa vida cotiá, máis aló da preparación dunha obra.

Deste xeito, preténdese amosar o teatro como unha vía para romper con todas as categorías e a monotonía da rutina, ofrecendo a posibilidade de asumir e xogar diferentes papeis, formas de comunicarnos e expresarnos ou diferentes formas de ver a vida. A finalidade destas sesións é brindar aos participantes unha oportunidade para desafogar e liberarse da rutina e do estrés do día a día.

Este obradoiro de des-estrés realizarase os vindeiros mércores 2 e 9 de abril, en horario de 19.00 a 21.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Deste xeito, no mes de abril continuaranse a realizar diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas para conmemorar o Día Mundial do Teatro que se conmemora cada ano o 27 de marzo.

Inscricións
O prazo para participar nesta actividade, que é de balde, está aberto dende hoxe, martes 18 de marzo, ata o vindeiro xoves 27 de marzo. Para inscribirse, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal incluíndo o nome, apelidos e un teléfono de contacto. Hai 15 prazas dispoñibles que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.

Novas relacionadas:

Bisbarra: "Bota a andar o obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés"

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés

Multimedia

  • Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés