Solapas principales

Xa se coñecen as 20 persoas que pasan á semifinal do “Canta con Ames”

Miércoles, 13 de julio de 2022

A segunda edición do concurso “Canta con Ames” comezou o pasado venres, 1 de xullo, no Milladoiro, coa primeira xornada da fase de preselección, que se realizou na praza de Manuel Murguía e na que participaron 11 persoas. A segunda xornada de preselección realizouse o venres, 8 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, no que actuaron outros 14 participantes. En total, nesta edición inscribíronse un total de 25 participantes de 7 a 74 anos, repartidos nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior. Tralas dúas xornadas de preselección o xurado xa decidiu que 20 persoas pasan á semifinal que se vai desenvolver o 6 de agosto, ás 19.30h, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro.

O “Canta con Ames” é un concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. A segunda edición do Canta con Ames comezou coas dúas xornadas de preselección na que participaron 25 persoas. O 1 de xullo realizouse a primeira xornada de preselección  na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, onde actuaron 11 persoas, mentres que a segunda xornada de preselección tivo lugar o pasado venres, 8 de xullo, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, onde actuaron outros 14 participantes.

Tralas dúas xornadas de preselección o xurado xa decidiu que 20 persoas pasan á semifinal que se vai desenvolver o 6 de agosto, ás 19.30 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro.

Na categoría infantil pasan á semifinal Celestes Ramos, Ana Ramos, Adriana Vigo, Antía Holovat, David Castiñeiras e Julia Barreiro, mentres que na categoría xuvenil acceden á semifinal María Iglesias, Alejandra Formoso, Raysa Luciana, Anxo Villanueva e Paula Fernández. Por outra banda, na categoría sénior pasan á semifinal María Salaño, Elvira Otero, Cecilia Pampín, Montse Angueira, Alicia Celdrán e Marlón Steven. Por último na categoría súper sénior acceden á semifinal Rosa Arauzo, José Rey e Ruth González.

Unha vez coñecidos os concursantes que pasan á semifinal, antes do 17 de xullo de 2022 as persoas seleccionadas deben poñerse en contacto coa organización para acordar o tema a interpretar na seguinte fase a través da dirección de correo electrónico amesnarua@gmail.com. Na semifinal os participantes interpretarán unha canción (ou segmento) en idioma galego, castelán ou inglés coa duración que determine xurado. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final.

A gran final realizarase o 27 de agosto, ás 19.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca “o bo nivel dos e das concursantes neste segunda edición do Canta con Ames. O xurado tivo un difícil traballo para elixir ás 20 persoas que acceden á semifinal”. Tamén destacou “o gran ambiente vivido nas dúas xornadas de preselección realizadas na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, e no parque do Ameneiral, en Bertamiráns”.   

Premios
O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselles cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano, unha tarxeta valorada en 100 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), e unha tarxeta valorada en 100 euros para gastar nos comercios da Asociación de Empresarios Polígono Novo Milladoiro.

Por outra banda, aos 8 participantes que cheguen á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 euros para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Actuación da Panorama
Ademais dos premios recollidos nas bases da segunda edición do concurso Canta con Ames, os/as gañadores/as do certame poderán actuar como abreconcerto da orquestra Panorama, que estará o domingo 18 de setembro no Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "«Canta con Ames» ya tiene sus veinte semifinalistas"

Enfoques: "“Canta con Ames” ya tiene a sus 20 semifinalistas"

Imaxe da segunda xornada da fase de preselección que se realizou o venres 8 de xullo en Bertamiráns

Multimedia

  • Imaxe da segunda xornada da fase de preselección que se realizou o venres 8 de xullo en Bertamiráns
  • Imaxe da segunda xornada da fase de preselección que se realizou o venres 8 de xullo en Bertamiráns
  • Imaxe da segunda xornada da fase de preselección que se realizou o venres 8 de xullo en Bertamiráns
  • Imaxe da segunda xornada da fase de preselección que se realizou o venres 8 de xullo en Bertamiráns
  • Imaxe da primeira xornada da fase de preselección que se realizou o venres 1 de xullo no Milladoiro
  • Imaxe da primeira xornada da fase de preselección que se realizou o venres 1 de xullo no Milladoiro
  • Imaxe da primeira xornada da fase de preselección que se realizou o venres 1 de xullo no Milladoiro
  • Imaxe da primeira xornada da fase de preselección que se realizou o venres 1 de xullo no Milladoiro