Solapas principales

Xogos, cantos e recitados populares no Apego con “Brincadeiras da lingua”, este venres 11 de marzo

Jueves, 03 de marzo de 2022

O Apego de Ames programa para a próxima semana a actividade “Brincadeiras da lingua” de Migallas Teatro. O espectáculo, de carácter participativo, contará con música en directo, contos e monicreques para achegarlle a literatura popular infantil galega á cativada e favorecer unha crianza en positivo e creativa. A actividade será na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 11 de marzo, ás 18:00 horas e está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos. As inscricións, de balde, poderán realizarse dende hoxe ata o 10 de marzo, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, o teléfono de contacto e a idade das crianzas.

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que indiquen nome e apelidos das asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que as acompañen. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o xoves 10 de marzo. Non se admitirán inscricións fóra de tempo e as prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.

A programación infantil con Apego do primeiro semestre de 2022 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

O programa Apego, actividades, formación e recursos para familias

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de actividades e de recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario "Súmate ao Apego" na páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Migallas trae a Brincadeira da Lingua o 11 ata a maior urbe"

Xogos, cantos e recitados populares no Apego con “Brincadeiras da lingua”, este venres 11 de marzo

Multimedia

  • Xogos, cantos e recitados populares no Apego con “Brincadeiras da lingua”, este venres 11 de marzo
  • Xogos, cantos e recitados populares no Apego con “Brincadeiras da lingua”, este venres 11 de marzo