Solapas principales

Xogos de mesa en galego no programa Apego este venres 4 de marzo

Jueves, 24 de febrero de 2022

O Apego de Ames continúa en marzo con “Somos Xogo!”, un proxecto da asociación Xandobela sobre á creación e a difusión de xogos de mesa en galego. A actividade achegará algúns dos proxectos presentados ao certame Xoga en Galego e dará pistas para que as crianzas a partir dos 4 anos creen os seus propios xogos. O taller terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o venres 4 de marzo, en dúas sesións ás 17:00 e ás 18:30 horas. A inscrición, de balde, poderá realizarse dende hoxe ata o 3 de marzo, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto, idade das crianzas e sesión escollida.

As crianzas do Apego de Ames poderán aprender o próximo venres a crear os seus propios xogos e descubrir as creacións doutros nenos e nenas. Somos Xogo! é un proxecto da asociación Xandobela que busca difundir e revalorizar o xogo como un compoñente importante do patrimonio galego. Deste xeito, o proxecto procura animar á creación de novos xogos de mesa en galego a través de diferentes actividades, como o concurso Xoga en Galego ou obradoiros coma este.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que indiquen nome e apelidos das asistentes, teléfono de contacto, idade das crianzas que as acompañen e sesión escollida. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o xoves 3 de marzo. Non se admitirán inscricións fóra de tempo e as prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.

A programación infantil con Apego do primeiro semestre de 2022 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

O programa Apego, actividades, formación e recursos para familias

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de actividades e de recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario "Súmate ao Apego" na páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Apego divulga os xogos de mesa galegos para os cativos"

Xogos de mesa en galego no programa Apego este venres 4 de marzo

Multimedia

  • Xogos de mesa en galego no programa Apego este venres 4 de marzo