Solapas principales

A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Suevos a Miso e de Troitosende a Capela

Miércoles, 18 de agosto de 2021

A Xunta de Goberno Local do pasado xoves 12 de agosto adxudicou a realización das obras de camiño Suevos a Miso, na parroquia de Trasmonte, á empresa GR Construcciones Obras y Servicios SL por 27.125,57 € e as obras de camiño Troitosende á Capela da Madalena, en Piñeiro, á empresa Excavaciones Pose SL por 14.520,00 euros.

O Concello de Ames segue a apostar pola mellora da rede viaria existente no medio rural, desta volta con dúas obras que se van levar a cabo nas parroquias de Trasmonte, Lens e Piñeiro. As actuacións previstas nestas obras van encamiñadas á mellora da drenaxe, da seguranza viaria e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización. E ao mesmo tempo revirte no mantemento dos camiños municipais: tanto do firme existente como das súas marxes ou o reforzo dos terrapléns.

As obras ascenden a 46.894,76 euros. Por unha banda, adxudicouse a realización das obras do camiño Suevos a Miso, na parroquia de Trasmonte, á empresa GR Construcciones Obras y Servicios SL. O importe das obras ascende a un total de 27.125,57 € IVE incluído. O contrato presenta unha duración inicial de dous meses.

Por outra banda, adxudicouse a realización das obras do camiño Troitosende á Capela da Madalena, na parroquia de Piñeiro, á empresa Excavaciones Pose SL. A contía das obras é de 14.520 € IVE incluído. E a duración inicial do contrato é de dous meses.

Características das obras proxectadas

As obras do camiño de Suevos a Miso iniciaranse cunha limpeza de gabias e a mellora da capa de rodaxe. No primeiro treito aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ó 12% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo; e no segundo treito reporase o paquete de firme con quince centímetros de zahorra de canteira máis trinta centímetros de pedraplen.

Contémplase así mesmo a execución de 75 m de formigón en pavimento para a formación de cuneta de seguridade, baixo a cal canalizarase cano de PEAD Ø315 mm mais a execución de 4 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais.

Tamén dous treitos de cuneta triangular de formigón (19,50 m e 25 m), a canalización de 6 m de cano de formigón de 40 cm de diámetro, e execución de 1 arqueta e 1 embocadura para o cano, así como a colocación de 28 m de barreira de seguridade máis os abatementos.

As obras do camiño de Troitosende a Capela da Madalena comezan, tamén, coa limpeza de gabias e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase no primeiro treito un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ó 15% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo; e no segundo treito reporase o paquete de firme con quince centímetros de zahorra de canteira mais trinta centímetros de pedraplen.

Finalmente colocarase unha sinal de Stop e dous treitos de barreira de seguridade mais abatementos.

A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Suevos a Miso

Multimedia

  • A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Suevos a Miso
  • A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Suevos a Miso
  • A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Troitosende á Capela
  • A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Troitosende á Capela
  • A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras do Camiño de Troitosende á Capela