Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de contratación das obras de mellora dos interiores de Seares de Arriba

Jueves, 25 de marzo de 2021

Co obxectivo de solicitar a súa inclusión no Plan único de Concellos “Pos+2020”, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación da obra “Mellora Interior Seares de Arriba, POS 2020”, autorizando o gasto por un importe de 67.534 euros. As obras previstas para esta aldea da parroquia de Ames abranguen unha superficie de 550 metros cadrados e incluirán a mellora do pavimento e dos viais de acceso, a reparación de fochancas, a canalización para a recollida de pluviais e a limpeza previa de cunetas e salvacunetas.

O expediente de contratación das obras de Seares de Arriba un gasto por importe de 67.534 euros que se realizará con cargo á aplicación orzamentaria 454.61900 do orzamento municipal 2020 prorrogado.

As obras, que se estenderán por unha superficie de 550 metros cadrados, inclúen a demolición do pavimento actual do núcleo de Seares de Arriba e a súa substitución por outro de 15 cm de formigón delimitado por lastra de granito e asentado sobre 5 centímetros de saburra.

Tamén se contempla a mellora dos viais de acceso con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Baixo o pavimento de formigón proxectado, aproveitarase para canalizar 175 m de tubaxes de PVC Ø 400 que servirán para a recollida de pluviais, de PVC Ø315 para saneamento e de PE Ø75 para abastecemento. Complementarase a obra con 6 sumidoiros, 24 m de caz con reixa, 2 válvulas de comporta e 1 válvula de ventosa.

As obras inclúen, asemade, a limpeza previa de cunetas e salvacunetas para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal dos viais de acceso.

O concelleiro de obras, Blas García, manifesta que "esta é unha obra moi necesaria xa que os accesos a Seares de Arriba se atopan nun estado no que xa se necesita unha actuación de mantemento e mellora, e máis se temos en conta que fai demasiados anos nos que neste núcleo non se fai ningunha actuación". Ademais, destaca o concelleiro que "esta actuación vén a ampliar o número de melloras que se están a realizar no rural e coas que se pretende darlle continuidade ao plan de investimentos para a realización de melloras nos núcleos rurais e que veñen a significar un esforzo económico moi importante".

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Seares de Arriba va a contar con pavimento digno del presente siglo"

Seares de Arriba

Multimedia

  • Seares de arriba
  • Seares de Arriba