Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aproba a oferta de emprego público 2024 do Concello de Ames

Lunes, 04 de noviembre de 2024

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 31 de outubro, a Oferta de Emprego Público 2024 do Concello de Ames. Dita oferta de emprego recolle 15 prazas: 13 por quenda libre e 2 de promoción interna. Nesta oferta de emprego público recóllense as prazas que están vacantes na plantilla do Concello de Ames e consignadas nos Orzamentos de 2024, así como as prazas que deben destinarse tanto a promoción interna como a quenda de discapacidade. Trala aprobación en Xunta de Goberno Local a OEP 2024 do Concello de Ames ten que ser publicada no BOP.

A Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2024 do Concello de Ames inclúe 15 prazas (13 pola quenda libre e 2 de promoción interna). Unha vez aprobada a oferta de emprego en Xunta de Goberno Local ten que saír publicada no BOP. Destas 15 prazas, 6 corresponden con persoal laboral e 9 con prazas de persoal funcionario.

As prazas de quenda libre incluídas en dita oferta son 1 praza de peón de limpeza viaria (persoal laboral); 5 prazas de auxiliar administrativo/a (persoal funcionario); 1 praza de administrativo/a (persoal funcionario); 1 praza de policía local (persoal funcionario); 1 praza de arquitecto/a técnico (persoal funcionario); 1 praza de profesor/a de percusión/batería (persoal laboral); 1 praza de profesor/a de violín (persoal laboral); 1 praza de profesor/a de frauta (persoal laboral); e 1 praza de profesor/a de saxofón (persoal laboral).

Por outra banda, na oferta de emprego público de 2024, pola quenda de promoción interna inclúense dúas prazas: 1 praza de administrativo/a (persoal funcionario); e 1 praza de conserxe de centro de ensino (persoal laboral).

O concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “nesta oferta de emprego público recóllense as prazas que están vacantes na plantilla do Concello de Ames e consignadas nos Orzamentos de 2024, así como as prazas que deben destinarse tanto a promoción interna como a quenda de discapacidade”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames aprueba la oferta de empleo público, con 15 plazas que convocará a partir del 2025"

El Correo Gallego: "El Concello de Ames oferta quince nuevas plazas de empleo público"

Lindeiros: "Ames aproba a oferta de emprego público 2024"

A Xunta de Goberno Local aproba a oferta de emprego público 2024 do Concello de Ames