Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de mellora dos accesos e interiores en Firmistáns, na parroquia de Bugallido

Viernes, 24 de septiembre de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto simplificado das obras de mellora dos viarios de acceso e camiños interiores do lugar de Firmistáns, pertencente á parroquia de Bugallido. Este proxecto, que está sufragado con cargo ao POS+ 2020, ten un orzamento de 132.967,92€. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones Iglesias Mera SL.

O Concello de Ames segue a traballar na mellora dos camiños do rural. Desta volta, coa mellora dos accesos e interiores á aldea de Firminstáns. A obra consiste na aplicación de aglomerado en quente no caso dos acceso e para a mellora dos camiños interiores empregarase formigón. Isto supón un maior custe dos materiais empregados, pero garante que ditos viarios e camiños queden en boas condicións durante un maior tempo.

A obra que ten un orzamento de 132.967,92€ foi adxudicada á empresa Construcciones Iglesias Mera SL. A totalidade deste proxecto vaise sufragar con cargo ao POS+ 2020.

Características das obras
A través deste proxecto vaise actuar nos viarios de acceso ao lugar de Firmistáns, na parroquia de Bugallido, compostos por 5 treitos de 180 metros, 40 metros, 360 metros, 105 metros e 85 metros con anchos medios de 4 metros para os tres primeiros e 5 metros para os dous restantes. Ademais, actuarase en 80 metros cadrados de sobreanchos. Para mellora de ditos viarios proponse a mellora da capa de rodaxe coa extensión de 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Para os viarios interiores, de 465 metros cadrados e 655 metros cadrados, proponse a demolición do pavimento actual e a formación dun novo con 15 centímetros de formigón delimitado por adoquín de pedra granítica todo elo sobre 10 centímetros de zahorra. Tamén se contempla a execución de catro treitos de cuneta transitable en formigón (180 metros, 50 metros, 105 metros e 85 metros) baixo os que se canalizará tubo de PVC para a recollida de pluviais.

Esta rede de pluviais tamén se executará baixo os pavimentos de formigón con 270 metros do mesmo tubo e 44 metros de PVC para as conexión das baixantes. Dita rede completarase coa colocación de 27 sumidoiros e 11 metros de caz con reixa. Tamén se proxecta a limpeza previa de cunetas e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das marcas viarios nos accesos aglomerados.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames destina 133.000 euros a reparar viales en Firmistáns"

El Correo Gallego: "Firmistáns renovará accesos e mais viais mentras reciben os planos da travesía do Milladoiro humanizada con dous carrís"

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de mellora dos accesos e interiores en Firmistáns

Multimedia

  • A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de mellora dos accesos e interiores en Firmistáns
  • A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de mellora dos accesos e interiores en Firmistáns