Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación das obras da escola infantil municipal O Bosque de Bertamiráns

Martes, 17 de agosto de 2021

A XGL aprobou o pasado xoves 12 de agosto o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación (prezo) das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque de Bertamiráns. As obras ascenden a un total de 78.920 euros que se van a financiar conxuntamente entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, está a traballar para mellorar o edificio da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns. Este proxecto permitirá mellorar unhas instalacións que contan con 3 aulas destinadas a nenos e nenas de 1 a 2 anos e que dan servizo a uns 39 usuarios. O proxecto inclúe a mellora térmica da cuberta e fachadas dos módulos da parte traseira da escola, para evitar posibles filtracións de auga e maila mellora das condicións térmicas destas instalacións. Coas obras de reparación e mellora da cuberta e fachadas conseguirase unha instalación acorde á súa demanda e unha redución dos custes de mantemento polo menor consumo enerxético.

O orzamento das obras de mellora da EEI O Bosque é de 78.920 euros. As obras están cofinanciadas pola Deputación da Coruña e o Concello de Ames. A Deputación aportará 52.000 euros o que supón o 65’8% do orzamento total e o resto o Concello de Ames.

Características das obras proxectadas
A EEI O Bosque está composta por un conxunto modular de 11 unidades, con estrutura metálica autoportante realizada mediante chapas e perfís conformados en frío, con largos comprendidos entre 6.00 e 7.90 metros, unha anchura de 2.44 metros e cunha altura de 2.90 metros.

A unión do conxunto modular coa base de cimentación é apoiada. A cuberta está formada por un panel sándwich de chapa grecada galvanizada a dúas augas cara os lados cortos, con illamento de la de vidro de espesor 100mm. Os paramentos de fachada están compostos por paneis sándwich de 40 mm de espesor. Actualmente preséntanse problemas de estanqueidade en cuberta así como filtracións de auga pola súa base nas zonas onde se atopa a rentes co pavimento existente.

A finalidade das obras que se pretenden executar é deter o deterioro ao que se atopa sometida a cuberta da edificación existente, mellorando a eficiencia enerxética da mesma. Ao mesmo tempo, plantéxase unha nova envolvente que mellore o comportamento térmico do mesmo. Terá lugar un leve aumento da altura da cuberta dado a solución proposta, respectando a normativa vixente e os parámetros que establece o PXOM do Concello de Ames.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Aprobada la ampliación de la escuela infantil de Bertamiráns"

El Correo Gallego: "Vaise mellorar o illamento térmico da escola O Bosque"

EEI O Bosque

Multimedia

  • EEI O Bosque
  • Plano da cuberta EEI O Bosque