Solapas principales

A Xuntanza de Empresarios de Ames colabora co departamento de Voluntariado nunha campaña solidaria de recollida de alimentos

Jueves, 04 de junio de 2020

A Xuntanza de Empresarios de Ames colabora co departamento de Voluntariado do Concello de Ames, que é dependente da Concellería de Benestar Social, nunha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Ames. Todas as persoas que queiran participar poden deixar os seus alimentos doados nos establecementos dependentes da XEA ou nunha gran recollida na Praza da Maía que está prevista para o día 13 de xuño.

Ames é un concello solidario, e por iso, a Xuntanza de Empresarios de Ames e o departamento de Voluntariado colaboran nesta campaña de recollida de alimentos para que non haxa #NingunFogarSenAlimentos.

Desta maneira, a cidadanía amesá que queira participar na campaña pode achegar os seus alimentos a calquera establecemento que se encontre adherido á XEA ou achegarse á gran recollida que terá lugar o próximo sábado 13 de xuño.

A campaña basease, sobre todo, na recollida de alimentos e produtos non perecedoiros. Necesítanse con máis urxencia produtos infantís como cueiros, leite de inicio, leite de continuación... así como produtos de hixiene (champú, pasta de dentes...) e conservas. Aínda así compre recordar que se van a recoller todos os alimentos que se doen sen facer ningún tipo de excepción.

Gran recollida do sábado 13 de xuño

Xa o próximo sábado, 13 de xuño, desenvolverase unha gran recollida de alimentos e produtos na Praza da Maía. Alí, poderá achegarse todo aquel que queira participar coa súa doazón en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.00 horas.

Posteriormente, os/as voluntarios/as do departamento de Voluntariado do concello serán os encargados de repartir todos os produtos doados entre as familias que máis o necesitan.

cartel campaña solidaria recollida de alimentos

Multimedia

  • cartel campaña solidaria recollida de alimentos