Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 15.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2022. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento de persoal técnico-deportivo.

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 15.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2023. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento de persoal técnico-deportivo.

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 15.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2024. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento de persoal técnico-deportivo.

O Concello de Ames recibe unha axuda de 9.594,18 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña sobre o programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2024.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o gasto de 55.032,58 euros, correspondente ao importe da primeira remesa de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polos clubs e asociacións deportivas do Concello de Ames, no exercicio 2018. Dentro desta convocatoria de axudas foron subvencionadas as diferentes actividades realizadas, así como a adquisición de material inventariable. Un total de 16 clubs ou entidades deportivas foron beneficiarias desta liña de subvencións.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o gasto de 7.235,29 euros, correspondente ao importe da terceira remesa de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polos clubs e asociacións deportivas do Concello de Ames, no exercicio 2018. Dentro desta convocatoria de axudas foron subvencionadas as diferentes actividades realizadas. Un total de 4 clubs ou entidades deportivas foron beneficiarias desta liña de subvencións.

O Concello de Ames mantén o seu compromiso coa programación de actividades de verán. Contou durante os últimos dous meses con máis de 110 inscricións nos cursos de natación e piragüismo entre os meses de xullo e agosto.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou esta mañá o novo circuíto de calistenia que se vén de instalar no paseo fluvial de Bertamiráns. Na execución destas novas instalacións investíronse 39.990 euros. Esta instalación deportiva súmase a outros dous circuítos de calistenia instalados en 2020 en Lapido, preto de Bertamiráns, e na área deportiva do Milladoiro. A calistenia é un sistema de exercicios físicos nos que se utiliza o propio peso corporal, para fortalecer os diferentes grupos musculares.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este martes, 18 de xuño, pola tarde, un acto de recoñecemento a equipos e deportistas amesáns que destacaron ao longo da temporada 2023-2024. O alcalde e concelleira de Deportes foron os encargados de entregarlles un pequeno obsequio en recoñecemento dos éxitos logrados durante a tempada que vén de rematar. Os recoñecementos grupais foron para o equipo de infantís do Bertamiráns FC, equipo cadete do Milladoiro SD, primeiro e segundo equipo de xuvenís do Bertamiráns FC, e mailo equipo do Club Voleibol Bruxas. Ademais, os recoñecementos individuais foron para Nicolás Collazo, Saúl Berdullas, Marcos Gómez, Iván Gutierrez, Olivia Parga, Pablo Hernández e Atila Antelo, que non puido asistir a dito acto.

Do 25 ao 29 de maio os concellos de Ames, Negreira e Brión acolleron a primeira edición do campionato de España de voleibol na categoría júnior masculina, na que participaron 21 equipos de toda a xeografía española. Finalmente, o CV Valencia proclamouse campión do torneo, tras impoñerse na final ao Vóley Palma por 3-0. En terceiro lugar rematou o Cisneros Alter, que superou ao cuarto clasificado, o Barça Voley, tamén en tres sets.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.