Actualidad

Por ejemplo, 11-02-2025
Por ejemplo, 11-02-2025
Jueves, 04 de julio de 2024
Abre do 5 ao 15 de xullo o prazo de inscrición nas prazas libres da Escola Municipal de Teatro de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este venres, 5 de xullo, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os/as interesados/as en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola Municipal de Teatro de Ames.

Miércoles, 03 de julio de 2024
Os “Seráns de Ames” comezan este xoves co grupo As Maianas e o pregón de Paula Señarís

Este xoves, 4 de xullo, a praia fluvial de Tapia acolle a inauguración dunha nova edición dos “Seráns de Ames”, un programa que durante os meses de xullo e agosto levará oito actividades a catro parroquias do concello. A primeira xornada dará comezo ás 19:00 horas, cun pregón inaugural que correrá a cargo da xornalista e escritora amesá Paula Señarís, e coa actuación do grupo, tamén amesá, As Maianas. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación ao completo dos “Seráns de Ames”.

Martes, 02 de julio de 2024
A Banda Bacana actuará o 14 de xullo na XVIII edición da Festa do Chourizo ao Viño en Ortoño

Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o vindeiro domingo 14 de xullo. Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. Nesta ocasión, ademais, amenizará o xantar a banda de gaitas e de baile rexional Os Castros. Ademais, realizarase un campionato de chave por parellas e haberá inchables gratuítos para os nenos e nenas. A xornada rematará coa actuación do grupo “Banda Bacana”, financiada polo Concello de Ames a través do programa Cultura no Camiño 2024.

Sábado, 29 de junio de 2024
O Pazo da Peregrina acollerá os días 5 e 6 de xullo as dúas xornadas do Ames Jazz 2024

O jazz volve un ano máis ao Pazo da Peregrina coa celebración da sétima edición do Ames Jazz, unha iniciativa do departamento de Cultura que se desenvolverá o venres 5 e o sábado 6 de xullo. A iniciativa englobará os concertos de María Toro Trío e de Kin García Quinteto, así como a proxección do documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo”. A entrada é libre e gratuíta.

Viernes, 21 de junio de 2024
Remata o curso 2023/2024 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana diversas mostras de fin de curso. Nelas, o alumnado representou varias obras adaptadas ante un amplo público. Pola súa banda, o grupo municipal de teatro tamén pechou a súa actividade coa estrea de “A visita” nos auditorios de ambas localidades. Cómpre lembrar que as inscricións para renovar praza na Escola xa están abertas ata o 30 de xuño, mentres que os novos usuarios e usuarias poderán realizar a matrícula a partir do 5 de xullo.

Sábado, 15 de junio de 2024
Aberto ata o 30 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o vindeiro luns día 17 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 5 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

Miércoles, 12 de junio de 2024
A XIII edición do Millarock contará cos mellores grupos do panorama rock galego e cunha ampla presenza local

A localidade do Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, que chega á súa décimo terceira edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, busca promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Esta cita musical celebrarase o vindeiro 2 de agosto no anfiteatro do Milladoiro, onde actuarán os grupos Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda. O persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e da impartición de obradoiros musicais. Nas vindeiras semanas iranse desvelando máis detalles sobre o cartel do Millarock.

Martes, 11 de junio de 2024
O Pazo da Peregrina acollerá a sétima edición do festival Ames Jazz os días 5 e 6 de xullo

O Pazo da Peregrina acolleu este martes a presentación da VII edición do programa Ames Jazz, que se celebrará os días 5 e 6 de xullo. A iniciativa englobará os concertos de María Toro Trío e de Kin García Quinteto, así como a proxección do documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo”. No acto estiveron presentes o concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; o director artístico de Ames Jazz, Xacobe Martínez; e o músico Kin García.

Martes, 11 de junio de 2024
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este sábado o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”

Este sábado, 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. A entrada será libre ata completar aforo.

Lunes, 10 de junio de 2024
O grupo municipal de teatro realizará un segundo pase da obra “A visita” o 14 de xuño en Bertamiráns

O vindeiro venres, 14 de xuño, o grupo municipal de teatro pechará a súa actividade co segundo pase da obra “A visita”, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O convites están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello. O primeiro pase tivo lugar o pasado 7 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, a Escola Municipal de Teatro de Ames celebrará a vindeira semana diversas mostras de fin de curso dos grupos infantís e xuvenil. Desde o departamento de Cultura informan de que o prazo de matrícula para o vindeiro curso abrirá a mediados deste mes.