Actualidad

Por ejemplo, 12-02-2025
Por ejemplo, 12-02-2025
Miércoles, 08 de mayo de 2024
Imaxe da segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas (imaxe de Miguel Lama)

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu onte a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento foi organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas en colaboración co Concello de Ames e e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta actividade, a entidade brindou recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de Galicia. As fotos da gala foron realizadas por Miguel Lamas. Pódese acceder á galería do evento nesta ligazón.

Jueves, 02 de mayo de 2024
A comedia teatral “As r(h)umorosas" pecha este venres a programación de artes escénicas

Para este venres o departamento de Cultura do Concello de Ames propón unha peza teatral dirixida a público adulto.  A programación cultural do primeiro semestre de 2024 remata mañá, 3 de maio, ás 20:30 horas, coa comedia teatral "As r(h)umorosas". O espectáculo, producido por Etiqueta Negra, emprega o humor para poñer en valor as figuras das grandes mulleres ilustres da historia de Galicia. As entradas para esta obra están esgotadas. Esta representación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Martes, 30 de abril de 2024
O auditorio do Milladoiro acolle a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o vindeiro mares, 7 de maio, a segunda edición dos Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas. O evento está organizado por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas en colaboración co Concello de Ames e e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta actividade, a entidade brinda recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas de Galicia.

Lunes, 29 de abril de 2024
Máis dun centenar de persoas participaron nas proxeccións do programa Abril de Cine

O pasado martes, 23 de abril, pechábase a cuarta edición do programa Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo principal deste proxecto era achegar o cinema clásico á veciñanza amesá. Nesta ocasión, no marco deste ciclo proxectáronse as películas Verano 1993, Les 400 Coups (Os 400 golpes), The Straigth Story (Unha historia verdadeira) e In the mood for love (Desexando amar), todas elas en versión orixinal subtitulada. No ciclo participaron un total de 125 persoas.

Jueves, 25 de abril de 2024
O Concello de Ames impulsa un ciclo de monólogos da man de figuras como Quico Cadaval, Pepo Suevos ou Carlos Blanco

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación do ciclo de monólogos que se celebrará en Ames entre o 23 e o 26 de maio. A proposta, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, inclúe actuacións de figuras consolidadas como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto con artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez. Os espectáculos desenvolveranse tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello e, no caso de Carlos Blanco, a través de Ataquilla.com.

Lunes, 22 de abril de 2024
O programa Abril de Cine péchase este martes co filme asiático “In the mood for love”

Este martes, 23 de abril, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle a última das sesións do ciclo Abril de cine, que busca achegar o cinema clásico á veciñanza amesá. Desta volta proxectarase o filme asiático “In the mood for love”, a partir das 20:00 horas. Ao remate da proxección haberá un coloquio no que participará a actriz e directora Jaione Camborda. As entradas poden adquirirse premendo nesta ligazón.

Sábado, 13 de abril de 2024
Este martes, 16 de abril, proxéctase o terceiro filme do ciclo Abril de Cine

A vindeira semana continúa o ciclo Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo deste proxecto é achegar o cinema clásico á veciñanza amesá. A terceira proxección será este martes, 16 de abril, co filme The Straigth Story (Unha historia verdadeira). O  martes 23 de abril poderase ver In the mood for love (Desexando amar). Todos os filmes serán proxectados en versión orixinal subtitulada no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas. Nas dúas proxeccións que quedan poder facer, haberá un coloquio en cada unha, nas que participarán o cineasta Alfonso Zarauza e a actriz e directora Jaione Camborda.

Martes, 09 de abril de 2024
Aberto o prazo de inscrición do obradoiro sobre Helen Keller impartido polo Grupo Chévere

O vindeiro 24 de abril, ás 19:00 horas, o Grupo Chévere impartirá na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro para aqueles espectadores que queiran saber máis sobre a súa obra “Helen Keller, a muller marabilla?”. Para participar só hai que enviar un correo a cultura@concellodeames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono. Ofértanse un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición.

Lunes, 08 de abril de 2024
Continúa o ciclo Abril de Cine coa proxección do filme Les 400 Coups

Esta semana continúa o ciclo Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo deste proxecto é achegar o cinema clásico á veciñanza amesá. A segunda proxección será este xoves, 11 de abril, co filme Les 400 Coups (Os 400 golpes). Os martes 16 e 23 de abril poderase ver The Straigth Story (Unha historia verdadeira) e In the mood for love (Desexando amar). Todos os filmes serán proxectados en versión orixinal subtitulada no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas. Nas tres proxeccións que quedan poder facer, haberá un coloquio en cada unha, nas que participarán o escritor Diego Ameixeiras, o cineasta Alfonso Zarauza e a actriz e directora Jaione Camborda.

Miércoles, 03 de abril de 2024
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres a obra de teatro “Voa Voa”

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza teatral dirixida a público familiar. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 5 de baril, ás 18:00 horas, coa obra de teatro “Voa Voa”. O espectáculo, producido por Talía Teatro, está dirixido a un público familiar e pretende ser unha invitación a recuperar ditos, retrousos e xogos populares para transmitirllos aos máis pequenos da casa. Aínda quedan algunhas entradas dispoñibles que se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. Ademais, o departamento de Bibliotecas organiza para este xoves 4 de abril, ás 18:00 horas, a presentación do libro "Voa Voa", de Artur Trillo.