Actualidad
Durante os meses de novembro e decembro a Aula CeMIT de Ames da comezo a unha programación na que, ademais de seguir co ciclo de Ofimática, inicia outros cursos de formación tecnolóxica en diversos ámbitos: móbiles, administración electrónica, edición de imaxes ou compras seguras a través de Internet. Ademais en decembro tamén haberá un novo nivel no curso de informática para menores de idade.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames iniciará 12 novos cursos nos meses de outubro e novembro. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta ao longo dos vindeiros meses, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.
Este luns, 2 de setembro, abren as instalacións da Aula CeMIT de Ames, situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, despois de estar pechadas durante o mes de agosto por descanso do axente TIC que coordina e imparte as actividades formativas de dita Aula. A programación de cursos deste mes de setembro inclúe varias novidades como un curso en familia e maila ampliación nos horarios de cursos para adultos. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera das actividades de setembro, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.
As instalacións da Aula CeMIT de Ames, situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, pecha durante o mes de agosto por descanso do axente TIC que coordina e imparte as actividades formativas de dita Aula. Ademais, xa está elaborada a programación de cursos para o mes de setembro que inclúe varias novidades como un curso en familia e maila ampliación nos horarios de cursos para adultos. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera das actividades de setembro, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.
A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de cara aos meses de xuño e xullo, coa vista posta nas vacacións escolares. Así, de cara á estación estival, realizaranse un total de doce cursos, entre os que non faltarán os esperados cursos de verán para a rapazada ou os obradoiros de nivel medio para adultos, centrados en cuestións como a rede, o móbil, o traballo colaborativo e o correo electrónico. A programación tamén incluirá un ciclo de empregabilidade, exames EMA e unha videoconferencia sobre compras e contratacións a distancia. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.
A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de cara aos meses de maio e xuño, con cursos para adultos, actividades para os/as máis cativos/as e varios exames EMA. Asemade, proseguirase cos cursos anunciados durante o mes de abril destinados aos adolescentes sobre edición de imaxes. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.
- ‹ anterior
- 4 de 4